Qué é

PDT

O Plan de dinamización turística da Ribeira Sacra é un plan que xurde como consecuencia dun convenio de colaboración subscrito entre o Ministerio de Economía, a Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia e o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra. Neste convenio de Colaboración tamén están integrados os empresarios a través da Confederación de Empresarios de Ourense e da Asociación Provincial de Hostalería de Lugo.

Este plan implántase nun destino especial (20 concellos, 2 provincias), non masivo, cun produto innovador baseado no patrimonio -paisaxe, mosteiros, río e vi±o-, e cun valor engadido polo seu sentido de lugar de espiritualidade, ligada ás correntes e as sensibilidades que están a aparecer no mundo.

O marco no que este proxecto se pon en marcha supón unha nova etapa turística onde a distancia entre o visitante e o habitante se reduciu de maneira considerable -ambos forman parte do mesmo universo-, onde buscan ser parte activa á hora de descubrir o territorio e a sa historia