Consorcio de Turismo

CONSORCIO DE TURISMO

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra nace no 2005 co obxecto de artellar a cooperación das administracións integrantes para o desenvolvemento dun Plan de Dinamización Turística.

Os estatutos do Consorcio de Turismo de Ribeira Sacra, conforme ao disposto nos seus artigos 150 e seguintes, así como conforme a Lei 5/1997 do 22 de xullo da Administración Local de Galicia, aquela entidade segue os trámites que se amosan a continuación:

  • Por acordos plenarios dos concellos de Portomarín ,Taboada, Chantada, Carballedo, O Saviñao ,Pantón, Sober, Monforte de Lemos, A Pobra de Brollón, Ribas de Sil, Quiroga, Paradela ,todos da provincia de Lugo, e os concellos de A Peroxa, Nogueira de Ramuín, Parada de Sil, A Teixeira, Castro Caldelas, Montederramo, Xunqueira de Espadañedo y Esgos, todos eles da provincia de Ourense, iniciáronse as xestións para la creación do Consorcio e designáronse os respectivos representantes para formar parte da Comisión Xestora.

O 10 de xaneiro de 2005 a Comisión Xestora aprobou inicialmente o proxecto de estatutos do Consorcio. Estes estatutos recollen os obxectivos do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra:

  • Planificar, xestionar, e promocionar o desenvolvemento turístico da zona, desenvolvendo o Plan de Dinamización Turística da Ribeira Sacra como elemento vertebrador do espazo turístico que constitúe o ámbito do Consorcio.
  • Fomentar e desenvolver actuacións e actividades en materia turística coordinando todos os esforzos e iniciativas que se realizan cunha visión do conxunto no ámbito do Consorcio.
  • Potenciar a reorganización e modernización das empresas turísticas da zona, así como impulsar a instalación de novas empresas, baixo os estándares de calidade turística. 
  • Promover o desenvolvemento, a modernización e a adaptación ao mercado e as innovacións tecnolóxicas das empresas turísticas da zona. 
  • Fomentar a promoción turística e as actuacións de posta en valor de dinamización do sector turístico da zona.
  • Formar e capacitar os recursos humanos dispoñibles e interesados no sector turístico da zona. 
  • Mellorar, complementar e aumentar a oferta turística existente na zona, sempre baixo un criterio de calidade e sustentabilidade. 
  • Realizar os estudos necesarios para o correcto desenvolvemento dun turismo respectuoso co entorno económico, cultural e natural da Ribeira Sacra, propoñendo cantas normativas de uso e xestión do patrimonio natural e cultural sexan recomendables e que apoien as dinámicas do desenvolvemento baseadas na sustentabilidade do territorio.
  • Obras, xestión e execución de plans, programas ou proxectos de interese público e común para as entidades consorciadas, así como a obtención, xestión e investimento dos correspondentes fondos, en materia de políticas do desenvolvemento rexional, social, agrícola, ambiental, no marco de iniciativas europeas, nacionais, autonómicas ou locais, e de outros entes, institucións oo entidades, públicas ou privadas.
  • Asumir la execución de obras, plans, programas ou proxectos, que as entidades consorciadas ou outras administracións públicas acorden encomendar, para a xestión de servizos e actividades de interese público e común, así como a súa instalación e prestación, ben sexa parcial ou integral.
  • A competencia consorcial poderase estender a outras obras, plans, programas ou proxectos para a consecución e prestación de servizos e actividades con finalidades de interese público, que interesen en común a pluralidade dos membros asociados. A competencia consorcial pode acaparar todas as competencias que determinan os artigos 25-28 de la Lei 7/1985 del 02 de abril Reguladora das Bases do Réxime Local e o artigo 81 de la Lei 5/1997 del 22 de xullo da Administración Local de Galicia:
    • Conservación do Patrimonio histórico-artístico da Ribeira Sacra.
    • Protección do medio ambiente da Ribeira Sacra
    • Actividades ou instalacións culturais e deportivas e ocupación do tempo libre.


Sedes e Oficinas

A Sede do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, mentras non dispoñan de locales propios, estarán no municipio do Alcalde/-esa ou concelleiro/-a que exerza a Presidencia, ou cualquera outro que acorde o pleno.

No ano 2014 entra en vigor unha modificación de estatutos pola que pasan a formar parte desta entidade o Concello de Bóveda, o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra e a Asociación Ribeira Sacra Rural.

Actualmente ten duas oficinas:

  1. A de Presidencia, na Casa do Concello de  Sober.
  2. A administrativa, na Casa do Concello de Nogueira de Ramuín