• ¿Qué é o PASAPORTE ás Nubes de Ribeira Sacra?

    O PASAPORTE é unha credencial persoal e intransferible na que poderás acumular selos durante a túa visita á Ribeira Sacra. (Ver pasaporte) Deberá cumplimentarse cos datos persoais do participante, e á súa entrega, os datos serán cotexados co D.N.I. ou pasaporte oficial para comprobar a identidade do mesmo.

  • ¿Onde podo conseguir o meu PASAPORTE?

    Poderás solicitar o teu Pasaporte en calquera dos 124 aloxamientos de Ribeira Sacra, incluidos na Guía de Empresas e Servizos turísticos (Guía) e nas diferentes Oficinas de Información Turística do destino. (Oficinas de Información Turística do destino. ).

  • ¿Onde podo selar o meu PASAPORTE?

    Poderás recoller os diferentes selos durante a túa estadía en Ribeira Sacra, mentres realizas visitas e gozas das actividades ofertadas polos establecementos incluidos na Guía de Empresas e Servizos turísticos (Guía). Os 8 selos serán diferentes. Poderás presentar 7 selos máis 1 como comodín, para unha actividade repetida, sempre e cando ese selo sexa diferente.
    8 selos diferentes requeridos ou 7 selos diferentes+1 selo comodín.

  • ¿Onde entrego o meu PASAPORTE e cando recibo o meu agasallo?

    Unha vez cumprimentado o espazo destinado aos 8 selos de Ribeira Sacra (ou 7 máis o selo correspondente ao comodín), deberás entregar o pasaporte nas urnas habilitadas en cualquera das (Oficinas de Información Turística do destino. ).
    No momento de depositar o PASAPORTE, o persoal da oficina de turismo verificará que todos os selos se corresponden cos establecementos adheridos, e que os datos do mesmo son os mesmos que os que aparecen no D.N.I. ou pasaporte oficial da persoa que o presenta.
    Só por conseguir os teus 8 selos recibirás como agasallo unha botella de viño da Denominación de Orixen Ribeira Sacra.
    *Promoción limitada a 480 uds. O Consorcio poderá sustituir o agasallo por outro de semellante valor, no caso de esgotar existencias.

  • ¿Levarame o meu Pasaporte ás Nubes de Ribeira Sacra?

    Para saber se o teu PASAPORTE che dará dereito a gozar dunha viaxe en globo aerostático polo ceo de Ribeira Sacra, terás que agardar a finalizar a campaña e a que se realice o sorteo.
    O premio final da promoción serán un total de 36 pasaxes para dúas persoas en globo aerostático, valorados en 500€, e un bono-agasallo de 40€ para unha noite de aloxamento. Deste xeito facilitaremos a túa nova estadía na Ribeira Sacra se acreditas non pertencer a calquera dos 21 concellos que integran o Consorcio
    Para coñecer aos participantes premiados teremos que agardar ao sorteo ante notario que realizarase entre o03 e o 07 de outubro de 2016 (o sorteo será anunciado na páxina web e redes sociais do Consorcio de Turismo R.S.: Facebook e Twitter). O resultado será comunicado aos afortunados no prazo máximo de 7 días dende a realización do sorteo. Extraeranse 10 pasaportes máis en calidade de "suplentes", aos que se lle comunicará o premio se algún dos 36 non acepta o agasallo, ou se non é posible contactar. Por cada pasaporte extraído que non cumpra as condicións, extraerase outro no seu lugar.
    Os voos comunicados e rexeitados polos premiados polo motivo que sexa, sortearanse a través das redes sociais do Consorcio de Turismo.
    Se resultades ser un dos privilexiados pasaxeiros, tedes que estar atentos, pois a previsión é realizar os voos nunha fin de semana entre o 15 de outubre e o 6 de novembro de 2016. Todo dependerá do que nos depare a meteoroloxía do momento...

CONDICIÓNS:

Promoción válida do 20/05/16 ao 30/09/16.
O número máximo de pasaportes, distribuidos nos aloxamentos e Oficinas de Información Turística do destino www.ribeirasacra.org.

VIAXE EN GLOBO:

Ademáis dunha botella de viño asegurada,o agasallo final da promoción "Pasaporte ás nubes de Ribeira Sacra" será unha pasaxe para dúas persoas en globo aerostático

,

    VIAXE EN GLOBO:
    O agasallo final da promoción "Pasaporte ás nubes de Ribeira Sacra" será unha pasaxe para dúas persoas en globo aerostático para sobrevoar algunha das zonas más impresionantes deste destino.
    A promoción estará vixente entre las 00:00 horas do día 20 de maio e as 20:00 horas do día 30 de septembro de 2016.
    Os participantes premiados determinaranse mediante un sorteo realizado ante notario entre o 03 e o 07 de outubro de 2016 (o sorteo será anunciado na páxina web e redes sociais do Consorcio de Turismo R.S.:Facebook y Twitter). O resultado comunicarase aos premiados no prazo máximo de 7 días dende a realización do sorteo.
    A previsión é realizar os voos nunha fin de semana, entre o 15 de outubro e o 6 de novembro de 2016. As saídas están suxeitas ás condicions meteorolóxicas, polo que o aviso do voo darase aos gañadores cunha antelación máxima de 4 días.
    Se non se puidesen realizar os voos polo mal tempo, quedarían aprazados ata novo aviso.
    Para as persoas que acreditasen domicilio no documento de identidade fóra dos 21 concellos que integran Ribeira Sacra, o premio do voo inclúe un bono-agasallo de 40 € para unha noite de aloxamento nalgún incluidos na Guía de servizos publicada polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra. (Guía)

Mais información

Para máis información poden contactar co Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, a través da dirección e-mail turismo@ribeirasacra.org ou a través do teléfono 638823592

    MAIS INFORMACIÓN:
    Para mais información poden contactar co Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, a través da dirección e-mail turismo@ribeirasacra.org. ou a través do teléfono 638 823 592.