ANUNCIO OFERTA PLAZA INFORMADOR TURÍSTICO

En relación á contratación dun/dunha INFORMADOR/-RA TURÍSTICO/-A en réxime de persoal laboral-temporal, de conformidade ao convenio a asinar entre a Axencia Turismo de Galicia e o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra para a contratación de persoal nas oficinas de turismo 2020:

 

PRIMEIRO.- Perfil requirido: estar en posesión dalgún dos seguintes títulos:

  • Técnico/a superior en información e comercialización turística.
  • Técnico/a superior en guía, información e asistencia turística.
  • Técnico/a en empresas e actividades turísticas.
  • Grao ou diplomado/a en turismo ou equivalente homologado
  • Certificado de profesionalidade de promoción turística local e información ao visitante (HOTI0108)

 

SEGUNDO.- A duración e xornada do contrato será conforme ás condicións que se establecen pola Axencia Turismo de Galicia para a contratación en réxime de laboral-temporal dunha persoa para a Oficina de Información Turística:

  • Data inicio:  15/06/2020
  • Data fin:      15/09/2020 (ambos inclusive)
  • Xornada:      6 h/día

 

TERCEIRO.- Os criterios de valoración están a disposición de calquera persoa interesada na contratación, na sede administrativa do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra ou premendo aquí

 

PRAZO: Ata o 11 de xuño de 2020 (inclusive)

LUGAR: Sede Administrativa (Concello de Nogueira de Ramuín)

HORARIO: 9:00 a 14:00 h de luns a venres. É preciso solicitar cita previa no 638 823 592 ou en turismo@ribeirasacra.org

MODELOS SOLICITUDES: Facilítase na sede administrativa ou en turismo.ribeirasacra.org (NOVAS)