Oferta praza informador turístico XUÑO-SETEMBRO 2019

En relación á contratación dun/dunha INFORMADOR/-RA TURÍSTICO/-A en réxime de persoal laboral-temporal, de conformidade á Resolución da Axencia de Turismo de Galicia publicada no DOG nº 15 do 22/01/2019, pola Presidencia ditouse Resolución en data de 15 de maio de 2019 pola que se establece:

 

 

PRIMEIRO.- Perfil requirido: estar en posesión dalgún dos seguintes títulos:

  • Técnico/a superior en información e comercialización turística.
  • Técnico/a superior en guía, información e asistencia turística.
  • Técnico/a en empresas e actividades turísticas.
  • Grao ou diplomado/a en turismo ou equivalente homologado
  • Certificado de profesionalidade de promoción turística local e información ao visitante (HOTI0108)

 

 

SEGUNDO.- A duración e xornada do contrato será conforme á orde reguladora da subvención pola que se procede á contratación en réxime de laboral-temporal dunha persoa para a Oficina de Información Turística

 

  • Data inicio:  15/06/2019
  • Data fin:      15/09/2019 (ambos inclusive)
  • Xornada:      6 h/día  de luns a sábado

 

TERCEIRO.- Os criterios de valoración están a disposición de calquera persoa interesada na contratación, na sede administrativa do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra ou nesta mesma páxina (ollar ao fondo).

 

PRESENTACIÓN: Presencial

PRAZO: Ata o 6 de xuño de 2019 (inclusive)

LUGAR: Sede de Presidencia (Concello de Sober) ou Sede Administrativa (Concello de Nogueira de Ramuín). Ollar  "CRITERIOS DE VALORACIÓN"

HORARIO: 9:00 a 14:00 h de luns a venres

 

Para que conste e surta efectos, asino este anuncio en Sober, a 15 de maio de 2019.

 

              O Presidente,                                    A Secretaria-Interventora,

 

    Asdo.: Luis Fernández Guitián              Asdo.: María del Carmen Limia Fernández

 

Descargar CRITERIOS DE VALORACIÓN

Descargar ANEXO I

Descargar ANEXOII

Descargar ANEXO III