Galería
Galería

A Caída da Folla 2018

Un sen fin de actividades e experiencias de outono relacionadas co avistamento de aves, a micoloxía, rutas fotográficas, paseos en kaiak, visitas teatralizadas e moito máis!

En familia, en parella, só ou con amigos, goza do outono na Ribeira Sacra!

Do 01 ao 11 de novembro do 2018.

[ACTUALIZACIÓN NOTICIA 08.11: Ante as previsións de choiva e especialmente de vento para esta fin de semana, que fan non recomendable as actividades no río, vémonos obrigados a cancelar a actividade "Outono a vista de río II: Viñedos do Sil" pola seguridade dos participantes. Desde o CTRS pedimos desculpas a todos os inscritos. Se o tempo mellora e podemos atopar outra data alternativa antes de pechar o exercicio, comunicarémolo.]

PROGRAMA A CAÍDA DA FOLLA 2018

(Condicións e prezo de cada actividade ao final da páxina)

INFORMACIÓN E RESERVAS a través turismo@ribeirasacra.org ou no 638 823 592


1 NOVEMBRO

Imos de  picnic I: Viñedos de Belesar

Ruta en coche combinada con tramos a pé para o avistamento de aves e picnic ao estilo tradicional

11:00  h-15:00  h

Punto de encontro: Belesar, pobo-embarcadoiro


2 NOVEMBRO

Magosto tras o pano

Visita teatralizada no Mosteiro de Santa María de Montederramo cun pequeno magosto ao terminar.

17:00  h – 19:00  h

Punto de encontro: Mosteiro Santa María de Mondeterramo


3 NOVEMBRO

Imos de  picnic I: Viñedos de Belesar

Ruta en coche combinada con tramos a pé para asesoramento fotográfico e  picnic ao estilo tradicional

11:00  h-15:00  h

Punto de encontro: Belesar, pobo-embarcadoiro


Outono a vista de río I: Viñedos do Sil

Ruta guiada en kaiak polo Sil (2 horas de duración e apta para principiantes)

16:00  h -19:00  h

Punto de encontro: Embarcadoiro da Abeleda (Castro Caldelas)


4 NOVEMBRO

Cesta e ao bosque! I: Micoloxía en  RS

Almorzo

Taller de formación sobre cogomelos

Comida degustación con cogomelos de Ribeira Sacra

Saída ao campo para recoller cogomelos con guía especializado

Taller de clasificación de cogomelos

09:30  h - 19:00  h

Punto de encontro: Centro de Inmersión Lingüística de Os Peares (edificio amarelo presa)


10 NOVEMBRO · CANCELADA POR INCLEMENCIAS METEOROLÓXICAS

Outono a vista de río II: Viñedos do Sil

Ruta guiada en kaiak polo Sil (2 horas de duración e apta para principiantes)

11:00  h -14:00  h

Punto de encontro: Embarcadoiro da Abeleda (Castro Caldelas)


11 NOVEMBRO

Cestas e ao bosque! II: Micoloxía en  RS

Almorzo

Taller de formación sobre cogomelos cun micólogo

Comida degustación con cogomelos da Ribeira Sacra

Saída ao campo para recoller cogomelos con guía especializado

Taller de clasificación de cogomelos

09:30  h - 19:00  h

Punto de encontro: Albergue de Quiroga

 

CONDICIÓNS:

Cestas e ao bosque!

Formador profesional

Guía experimentado

Almorzo e comida nas xornadas

O prezo inclúe navalla, guía micolóxica, caderno e  bolígrafo

Máximo 15 prazas: Mínimo 7 prazas

30 € unha xornada / -50% nenos menores de 12 anos


Outono a vista de río

2 monitores experimentados

Charla de seguridade/manexo

15 kaiaks dobres con neoprenos, chalecos, …

Máximo 30 prazas; Mínimo 15 prazas

Apto para principiantes

8 € por persoa 


Imos de picnic

1 guía

Prismáticos e GPS

Xanto tipo  picnic ao estilo tradicional nun lugar con encanto

Necesario cubrir 6 prazas

15 € por persoa / -50% nenos menores de 12 anos


Magosto tras o pano

Actores profesionais

Magosto: bolo de chourizo e castañas

Máximo 20 prazas; Mínimo 10 prazas

8 € por persoa

Cada actividade inclúe sorteos de agasallos.


INFORMACIÓN E RESERVAS a través turismo@ribeirasacra.org ou no 638 823 592

Reserva confirmada se se recibe correo adxudicando as prazas

Programa A Caída da Folla 2018

A Caída da Folla 2018 en fotos

Ver máis...