A Caída da Folla 2020

Camiño de Inverno, románico, turismo activo, micoloxía, viño, baños de bosque,..., e moito máis!

Volve cargado de novidades o xa clásico programa A Caída da Folla (2020), patrocinado polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra. Iso si, adaptado á nova normalidade, xa que este ano o número máximo de participantes nas actividades limitarase a 9 persoas e, por suposto, extremaranse as medidades de seguridade e hixiene. 

A continuación, detallamos ao completo todas as actividades incluídas no programa de A Caída da Folla 2020. As reservas de calquera das actividades farase a través do correo electrónico turismo@ribeirasacra.org 

 

Actualización a 6/11/2020: AVISO IMPORTANTE! Á vista das medidas que entran en vigor a partires das 00 h do sábado e publicadas no DOG bis do 4 de novembro, vémonos obrigados a cancelar as actividades da programación de outono "A caida da folla en Ribeira Sacra" dado que a meirande parte das persoas inscritas teñen o seu lugar de orixe nas cidades galegas.

 

SÁBADO 17


 Benestar para estar ben (Taboada). Agárdate un paseo terapéutico de conexión coa natureza e cunha mesma. Tranquilamente, e cos sete sentidos, iremos percibindo os arrullos do bosque, gozando cos aromas e sabores da terra, empapándonos cos sons da creación, contemplando paisaxes de plenitude e sentindo o abrazo da brisa na pel.

Prezo: 15 € / Horario: de 10:00 a 20:00 horas / Os desprazamentos faranse en vehículos particulares por mor das medidas anti- COVID / Inclúe xantar


SÁBADO 24

 Camiño de Inverno-Valor engadido I (O Saviñao). Percorre un tramo do Camiño de Inverno a Santiago de Compostela! Pero como non só se trata de camiñar, aproveitaremos para coñecer o patrimonio material, inmaterial e gastronómico de Ribeira Sacra. Comezamos por O Saviñao.

Prezo: 6 € / Horario: de 16:00 a 20:30 horas / Inclúe visita ao Ecomuseo de Arxeriz, visita á igrexa de San Paio de Diomondi, descenso a pé polos "Codos de Belesar" polo trazado do Camiño de Inverno (2,5km), traslados en autobús necesarios e degustación de viño ao finalizar.


 Rural Sketch cores de outono (A Teixeira). Prepara a paleta de cores outonais que saímos a pintar! Acompañados do pintor Eduardo Baamonde buscaremos as mellores paisaxes para inspirarte.

Prezo: 15 € / Horario: de 10:00 a 19:00 horas / Inclúe taller formativo e xantar / Haberá acuarelas, pinceis e cadernos a disposición para as persoas que non traian o seu propio material (necesario o aviso con antelación)


Oleobus (Quiroga). Sabías que en Ribeira Sacra hai unha importante produción de aceite de oliva? Coñécea cun paseo polos oliveirais e participando na recollida da oliva mediante o vareo. Despois, visita á almazara e cata de aceites con pan da zona e, tras un breve xantar, visita a un taller de artesanía con madeira de oliveira e, por suposto, coñeceremos o tradicional muíño de Bendilló. 

Prezo: 15 € / Horario: de 10:30 a 16:30 horas / Os desprazamentos faranse en vehículos particulares por mor das medidas anti-COVID / Inclúe xantar


DOMINGO 25


Camiño de Inverno-Valor engadido II (Chantada).  Seguimos o noso Camiño de Inverno por Chantada. Que segredos agocha?

Prezo: 15 € / Horario: de 10:00 a 19:00 horas / Inclúe visita ao pobo de Belesar, ruta polo trazado do Camiño de Inverno (4km), traslados en autobús necesarios, visita a adega e queixería con degustación e visita ás igrexas de San Salvador de Asma, Santa María de Bermún e Santiago de Requeixo / Non inclúe: xantar (tempo libre en Chantada)


 Cestas e ao bosque (Pantón).  Macrolepiotas, lactarius, boletus,... imos ao monte en busca de cogomelos, para coñecelos, distinguilos e colleitar os máis saborosos. E ademais de recollida haberá degustación, bo proveito!

Prezo: 15 € / Horario: de 10:00 a 19:00 horas / Inclúe almorzo de benvida, tentempié a media mañá e xantar; taller formativo de micoloxía (unhas 4 horas); saída ao campo para actividade micolóxica (unhas 3 horas); navalla; miniguía de peto (cogomelos) e sorteo de obsequios. 


SÁBADO 31


 Rural Sketch cores de outono (Sober).  Son tantos os recunchos que pagan a pena ser plasmados nunha lámina... Que voltamos a sair! Paleta de acuarelas con Eduardo Baamonde en miradoiros de Sober.

Prezo: 15 € / Horario: de 10:00 a 19:00 horas / Inclúe taller formativo e xantar / Haberá acuarelas, pinceis e cadernos a disposición para as persoas que non traian o seu propio material (necesario o aviso con antelación)


 Baño de bosque (Carballedo). Edgar Tarrés axudaranos a conectar cos elementos que nos regala o bosque e que teñen unha influencia moi positiva á hora de reducir a nosa tensión, ansiedade, etc. 

Prezo: 6 € / Horario: de 16:00 a 19:00 horas / Inclúe café-infusión ao rematar / Material necesario: pano para cubrirse os ollos, roupa cómoda, mantiña ou similar para sentar no chan, caderno e bolígrafo.


 De paseo pola historia da Pobra do Brollón (A Pobra do Brollón). Coñeceremos a súa historia desde unha visión arqueolóxica na escavación dos Conventos e outra etnográfica nas adegas centenarias de Vilachá. 

Prezo: 6 € / Horario: de 10:00 a 14:00 horas / Inclúe degustación de viño D.O. Ribeira Sacra
 

DOMINGO 1


 De sendeirismo polo Bidueiral (Montederramo). Un clásico do outono en Ribeira Sacra é a ruta por un dos bosques de bidueiros mellor conservados de Galicia. Os tons ocres que toma esta árbore no outono fan indispensable unha visita a este Lugar de Interese Comunitario da Rede Natura 2000. 

Prezo: 6 € / Horario: de 10:00 a 16:30 horas / Cada participante debe levar a súa comida / Inclúe café-infusión ao finalizar / Ruta de 16 km -dificultade media

Baño de bosque (Esgos). Edgar Tarrés axudaranos a conectar cos elementos que nos regala o bosque e que teñen unha influencia moi positiva á hora de reducir a nosa tensión, ansiedade, etc. 

Prezo: 6 € / Horario: de 10:00 a 13:00 horas / Inclúe café-infusión ao rematar / Material necesario: pano para cubrirse os ollos, roupa cómoda, mantiña ou similar para sentar no chan, caderno e bolígrafo.


LUNS 2 - MÉRCORES 4 


 Curso Mindfulness (Parada de Sil). Experiencia formativa con Edgar Tarrés, de tres días de duración, sobre baños de bosque, mindfulness, creatividade, felicidade,... para que as aprendizaxes poidan utilizarse a nivel persoal, empresarial, profesional ou turístico.

Prezo: 30 € / Horario: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 / Inclúe xantar / Material necesario: pano para cubrirse os ollos, roupa cómoda, mantiña ou similar para sentar no chan, caderno e bolígrafo.


VENRES 6 - DOMINGO 8


 Curso de orientación (Ribas de Sil). Curso de orientación en montaña con David Caballero, de 3 días de duración, comezando desde o máis básico ao máis avanzado. Para aqueles que pensan que é imposible aprender orientación.

Prezo: 30 € / Horario: venres de 17:00 a 20:00 horas; sábado de 8:30 a 19:00 horas; domingo de 08:30 a 15:00 horas / Inclúe o xantar do sábado e do domingo


SÁBADO 7


 Ruta "El Bosque de los cuatro vientos" (Nogueira de Ramuín). Queres coñecer os insólitos escenarios da exitosa novela de María Oruña? Os claustros do vello mosteiro e as súas curiosidades, o bosque privado do Parador ("Bosque de los cuatro vientos") coa súa antiga horta e as ruínas da panadería… A casa do médico, a de Audiencias, e por suposto a igrexa, en cuxo altar se atopan as urnas creadas a finais do século XVI para os nove santos bispos, que dan lugar á Lenda dos nove aneis.

Prezo: 6 € / Horario: primeira saída de 12:00 a 14:00 horas; segunda saída de 16:30 a 18:30 horas


Camiño de Inverno entre follas e bancais (A Pobra do Brollón-Monforte de Lemos-O Saviñao-Pantón). Combinamos un tramo do Camiño a pé con outra parte en kaiak polo Miño desde a Praia da  Cova.  

Prezo: 15 € / Horario: de 10:00 a 18:00 horas / Inclúe Guía de Sendeirismo para o trazado do Camiño de Inverno (12km), traslado en autobús desde punto de encontro ao punto de inicio, equipo de kaiak e neopreno e xantar de picoteo

 Benestar para estar ben (Taboada). Espérate un paseo terapéutico de conexión coa natureza e cunha mesma. Tranquilamente, e cos sete sentidos, iremos percibindo os arrullos do bosque, gozando cos aromas e sabores da terra, empapándonos cos sons da creación, contemplando paisaxes de plenitude e sentindo o abrazo da brisa na pel.

Prezo: 15 € / Horario: de 10:00 a 20:00 horas / Os desprazamentos faranse en vehículos particulares por mor das medidas anti-COVID / Inclúe xantar


DOMINGO 8


Oleobus (Quiroga). Sabías que en Ribeira Sacra hai unha importante produción de aceite de oliva? Coñécea cun paseo polos oliveirais e participando na recollida da oliva mediante o vareo. Despois, visita á almazara e cata de aceites con pan da zona e, tras un breve xantar, visita a un taller de artesanía con madeira de oliveira e, por suposto, coñeceremos o tradicional muíño de Bendilló. 

Prezo: 15 € / Horario: de 10:30 a 16:30 horas / Os desprazamentos faranse en vehículos particulares por mor das medidas anti-COVID / Inclúe xantar


SÁBADO 14

 Fotografía nocturna (Portomarín y Paradela). O ceo, as estrelas, a maxia da noite,... Iníciache na fotografía nocturna (necesarios coñecementos de fotografía previos) ou perfecciónaa da man do experto Emilio Romanos. 

Prezo: 6 € / Horario: de 16:00 a 23:00 horas / Inclúe taller formativo previo conceptos básicos e saída de campo/ Material imprescindible: cámara  reflex ou sen espello (ideais) ou de calquera outro tipo, sempre que teña dispoñible a opción de disparo en modo Bulb; trípode fotográfico; roupa de abrigo e lanterna (como ideal sería de tipo frontal) / Material aconsellado: intervalómetro ou disparador remoto adecuado para o seu modelo de cámara e obxectivo gran angular.


 Aula Forestal Os Trollos (Bóveda). Isto si é mergullarse no outono! Coñece todo o proceso da xestión forestal, desde o viveiro ata os distintos aproveitamentos das árbores.

Prezo: 6 € / Horario: de 10:00 a 13:00 horas


DOMINGO 15


Camiñando no outono (A Peroxa). Descobre a marcha nórdica e desfruta das paisaxes do Miño camiñando dun modo diferente. 

Prezo: 6 € / Horario: de 10:00 a 13:00 horas / Inclúe equipo de bastóns


SÁBADO 21


 Camiño de Inverno-Valor engadido I (O Saviñao).  Percorre un tramo do Camiño de Inverno a Santiago de Compostela! Pero como non só se trata de camiñar, aproveitaremos para coñecer o patrimonio material, inmaterial e gastronómico de Ribeira Sacra. Comenzamos por O Saviñao.

Prezo: 6 € / Horario: de 16:00 a 20:30 horas / Inclúe visita ao Ecomuseo de Arxeriz, visita á igrexa de San Paio de Diomondi, descenso a pé polos "Codos de Belesar" polo trazado do Camiño de Inverno (2,5km), traslados en autobús necesarios e degustación de viño ao finalizar.

 

 Fotografía ao solpor (Castro Caldelas). Os solpores son momentos máxicos, pero difíciles de fotografar. Por iso, Guillermo Sotelo ensinaranos todos os trucos para conseguir plasmar nas nosas fotografías esa riqueza de tons e luces que ven os nosos ollos.

Prezo: 6 € / Horario: de 16:00 a 21:00 horas / Inclúe taller formativo previo conceptos básicos e saída de campo/ Material imprescindible: cámara de fotos (recomendable reflex) / Material recomendable: trípode para cámara de fotos, roupa de abrigo e impermeable e unha bolsa de plástico para cubrir a cámara en caso de necesidade.


Curso de técnica en BTT (Xunqueira de Espadanedo). Toni Ferreiro (corredor profesional de Merida Bikes, 3 veces campión de España de descenso elite e 4 veces campión de España de Enduro elite) impartirá un curso no circuíto de descenso de Xunqueira de Espadanedo no que ensinará a depurar aos alumnos a técnica para superar saltos, curvas e trialeras de forma segura.

Prezo: 15 € / Horario: de 9:00 a 15:00 horas / Inclúe picoteo ao finalizar / Material necesario: bicicleta (preferiblemente de enduro), proteccións (luvas, xeonlleiras,…) e casco (recomendable integral) / Imprescindible un mínimo nivel técnico

 

DOMINGO 22

 Camiño de Inverno-Valor engadido II (Chantada). Seguimos o noso Camiño de Inverno por Chantada. Que segredos agocha?

Prezo: 15 € / Horario: de 10:00 a 19:00 horas / Inclúe visita ao pobo de Belesar, ruta polo trazado do Camiño de Inverno (4km), traslados en autobús necesarios, visita a adega e queixería con degustación e visita ás igrexas de San Salvador de Asma, Santa María de Bermún e Santiago de Requeixo / Non inclúe: xantar (tempo libre en Chantada)


 Ruta "El Bosque de los Cuatro Vientos" (Nogueira de Ramuín). Queres coñecer os insólitos escenarios da exitosa novela de María Oruña? Os claustros do vello mosteiro e as súas curiosidades, o bosque privado do Parador ("Bosque de los Cuatro Vientos") coa súa antiga horta e as ruínas da panadería… A casa do médico, a de Audiencias, e por suposto a igrexa, en cuxo altar se atopan as urnas creadas a finais do século XVI para os nove santos bispos, que dan lugar á Lenda dos nove aneis.

Prezo: 6 € / Horario: primeira saída de 12:00 a 14:00 horas; segunda saída de 16:30 a 18:30 horas


O programa está suxeito a modificacións ou cancelacións, especialmente se a actividade se ve afectada polas condicións meteorolóxicas. 

Actividades de carácter promocional con precios patrocinados no convenio coa Axencia Turismo de Galicia.

Máximo 9 persoas + monitor/guía por actividade
(agrupadas en grupos de 4 persoas + monitor/guía)


CONTACTO:

turismo@ribeirasacra.org

+34 638 823 592 
(Horario de atención: de 10:00 a 18:00 horas)


RESERVAS

turismo@ribeirasacra.org



Descarga o programa en PDF aquí