A caída da folla 2021

O outono máis agardado en Ribeira Sacra xa está aquí! Regresa o clásico programa "A Caída da Folla" en Ribeira Sacra, cunha combinación de plans outonais do máis variado e, moitas novidades!

Camiños de Santiago, turismo activo, micoloxía, recollida da oliva, apiturismo, relaxación, fitoterapia, gastronomía,..., valo perder?

Máis información no teléfono +34 638 823 592 ou no correo electrónico turismo@ribeirasacra.org

 

OUTUBRO


DOMINGO 10

 Obradoiro Plantas Silvestres para el invierno (Ribas de Sil). Aprenderemos a crear a nosa caixa de primeiros auxilios básica con plantas silvestres para os meses máis fríos do ano. 

Prezo: 15 € / Horario: de 10:00 a 18:30 horas / Os desprazamentos faranse en vehículos particulares / Inclúe xantar 

PRAZAS COMPLETAS


LUNS 11

 Navegando polo Miño, facemos o Camiño (O Saviñao e Chantada). Primeiro camiñar e despois, desfrutar. Queres coñecer cales son as actividades que podemos re.alizar no Camiño de Inverno? 

Prezo: 6 € / Horario: de 16:00 a 20:00 horas / Incluye descenso a pé polos Codos de Belesar polo trazado do Camiño de Inverno (2,5km), paseo en catamarán polo río Miño, degustación de viño e traslados en autobús necesarios.

PRAZAS COMPLETAS


MARTES 12 

 Apicultor/a por un día (Nogueira de Ramuín). Chegou o momento de colocar o traxe de apicultor e adquirir as nocións básicas para aclimatarnos e introducirnos, aos poucos, no incrible mundo da apicultura.

Prezo: 6 € / Horario: de 10:30 a 13:00 horas / Inclúe visita ás colmeas, visita ao obradoiro artesanal, roupa protectora necesaria, traslados e degustación de meles.

PRAZAS COMPLETAS
 

SÁBADO 16

 Rural Sketch cores de outono (Sober). Prepara a paleta de cores outonais que saímos a pintar! Acompañados do pintor Eduardo Baamonde buscaremos as mellores paisaxes para inspirarte.

Prezo: 15 € / Horario: de 10:00 a 19:00 horas / Haberá acuarelas, pinceis e cadernos a disposición para as persoas que non traian o seu propio material (necesario o aviso con antelación).

 

DOMINGO 17

 Arqueoloxía no Camiño de Inverno (Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón e O Saviñao). Quenda para descubrir parte dos vestixios arqueolóxicos do Camiño de Inverno ao seu paso por Ribeira Sacra. 

Prezo: 15 € / Horario: de 9:30 a 18:30 horas / Inclúe visitas guiadas e picnic / Ruta de 9 km (3,5 horas aprox)

PRAZAS COMPLETAS

 

SÁBADO 23

 Cestas e ao bosque! (Pantón). Macrolepiotas, lactarius, boletus,... imos ao monte en busca de cogomelos, para coñecelos, distinguilos e colleitar os máis saborosos. E, ademais de recollida, haberá degustación. Bo proveito!

Prezo: 15 € / Horario: de 10:00 a 19:00 horas / Inclúe refrixerio a media mañá e xantar; obradoiro de micoloxía (unhas 4 horas); saída ao campo para actividade micolóxica (unhas 3 horas); navalla; miniguía de peto (cogomelos) e sorteo de obsequios.

PRAZAS COMPLETAS

 

DOMINGO 24

 Andaina Penas do Castelo (A Pobra do Brollón). Percorrido circular pola historia de Salcedo. Partindo do centro da aldea, dirixirémonos cara Penas do Castelo, realizando varias paradas explicativas da historia e patrimonio salcedaos. En Penas do Castelo visitaremos un xacemento enigmático de cronoloxía incerta do que destaca o seu monumental sistema defensivo e as vistas que nos permiten interpretar á paisaxe. Á volta, pasaremos pola Roda do Castro, xacemento castrexo desgraciadamente moi visible con motivo dos incendios do pasado setembro.

Prezo: 15 € / Horario: de 10:00 a 16:00 horas / Inclúe almorzo / Ruta circular de 7 km aprox

PRAZAS COMPLETAS

 

MÉRCORES 27 - VENRES 29

 Curso Mindfulness (Parada de Sil). Experiencia formativa cun referente nacional do Mindfulness, de tres días de duración, sobre baños de bosque, mindfulness, creatividade, felicidade... para que as aprendizaxes poidan utilizarse a nivel persoal, empresarial, profesional ou turístico.

Prezo: 30 € / Horario: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas /  Inclúe xantar e refrixerio a media mañá / Material necesario: pano para cubrir os ollos, roupa cómoda, mantiña ou similar para sentar no chan, caderno e bolígrafo.

RESERVA ESTA ACTIVIDADE

 

SÁBADO 30

 Para chupar os dedos (Castro Caldelas e A Teixeira). Unha xornada na que a gastronomía será a protagonista. Descubriremos cales son os produtos gastronómicos máis característicos de Ribeira Sacra, ao tempo que coñeceremos as historias dos protagonistas que os elaboran e, por suposto, degustarémolos! 

Prezo: 15 € / Horario: de 10:30 a 18:00 horas / Inclúe xantar enxebre e visitas a obradoiro de bica, queixería, adega tradicional e castelo de Castro Caldelas.

PRAZAS COMPLETAS

 

 Conectando coa natureza (Montederramo). Combinaremos unha ruta de sendeirismo por un dos bosques de bidueiros mellor conservados de Galicia cunha sesión de Ecoyoga para finalizar a xornada. Uniremos un plan do máis relaxante cun percorrido por unha paisaxe de conto. Véste?

Prezo: 15 € / Horario: de 10:00 a 18:00 horas / Inclúe picnic / Ruta de sendeirismo de 19 km (dificultade media)

RESERVA ESTA ACTIVIDADE

 

DOMINGO 31 

 Winefulness (Pantón). Preparado/a para potenciar todos os teus sentidos? Comezaremos a xornada cunha sesión de mindfulness e neurobioloxía na natureza para desenvolver ao máximo a nosa sensibilidade e sentidos antes da degustación de viños D.O. Ribeira Sacra. 

Prezo: 6 € / Horario: de 11:00 a 13:00 horas / Inclúe sesión de mindfulness e degustación de viños D.O. Ribeira Sacra

RESERVA ESTA ACTIVIDADE


- - - - - - - - - - - - - - - 


NOVEMBRO 

 

LUNS 1

 Baño de Bosque
(Carballedo). Quen máis coñece deste tipo de experiencias axudaranos a conectar cos elementos que nos regala o bosque e que teñen unha influencia moi positiva á hora de reducir a nosa tensión, ansiedade, etc.

Prezo: 6 € / Horario: de 10:00 a 13:00 horas / Inclúe café - infusión ao rematar / Material necesario: pano para cubrir os ollos, roupa cómoda, mantiña ou similar para sentar no chan, caderno e bolígrafo.

RESERVA ESTA ACTIVIDADE

 

 Aula Forestal Os Trollos (Bóveda). Isto si que é mergullarse no outono! Coñece todo o proceso da xestión forestal, desde o viveiro ata os distintos aproveitamentos das árbores.

Prezo: 6 € / Horario: de 10:00 a 13:00 horas / Inclúe obsequio

RESERVA ESTA ACTIVIDADE

 

SÁBADO 6 

 Fotografía no Camiño Francés (Portomarín e Paradela). Un fotógrafo profesional acompañaranos nun tramo do Camiño Francés, á vez que resolverá todas as nosas dúbidas e iranos ensinando trucos para mellorar en fotografía.  

Prezo: 6 € / Horario: de 9:00 a 15:00 horas / Inclúe traslados en autobús necesarios e acompañamento do fotógrafo durante o tramo do Camiño Francés entre Paradela e Portomarín (8,7 km- Dificultade baixa) / Material imprescindible: cámara reflex ou sen espello (ideais) ou de calquera outro tipo e roupa e calzado adecuado para a actividade / Nivel fotográfico aconsellado: polo menos o manexo básico da cámara.

(Reserva dispoñible proximamente)

 

 Curso de técnica en BTT (Xunqueira de Espadanedo). Toni Ferreiro (corredor profesional de Merida Bikes, 3 veces campión de España de descenso elite e 4 veces campión de España de Enduro elite) impartirá un curso no circuíto de descenso de Xunqueira de Espadanedo no que ensinará aos alumnos a depurar a técnica para superar saltos, curvas e trialeras de forma segura.

Prezo: 15 € / Horario: de 9:00 a 15:00 horas / Inclúe picoteo ao finalizar / Material necesario: bicicleta (preferiblemente de enduro), proteccións (luvas, xeonlleiras,…) e casco (recomendable integral / Imprescindible un mínimo nivel técnico.

(Reserva dispoñible proximamente)

 

DOMINGO  7 

 A varear as aceitunas! (Quiroga). Sabías que en Ribeira Sacra hai unha importante produción de aceite de oliva? Coñécea cun paseo polos oliveirais e participando na recollida da oliva mediante o  vareo. Despois, visita á almazara e cata de aceites con pan da zona e, tras un breve xantar, visita a un taller de artesanía con madeira de oliveira. E, por suposto, tamén coñeceremos o tradicional muíño de  Bendilló. 

Prezo: 15 € / Horario: de 10:30 a 16:30 horas / Os desprazamentos faranse en vehículos particulares / Inclúe xantar

(Reserva dispoñible proximamente)

 

SÁBADO 13 

 Fotografía ao solpor (Castro Caldelas). Os solpores son momentos máxicos, pero difíciles de fotografar. Por iso, un experimentado fotógrafo ensinaranos todos os trucos para conseguir plasmar nas nosas fotografías esa riqueza de tons e luces que ven os nosos ollos.

Prezo: 6 € / Horario: de 16:00 a 21:00 horas / Inclúe aclaracións previas de conceptos básicos e saída de campo / Material imprescindible: cámara de fotos (recomendable reflex) / Material recomendable: trípode para cámara de fotos, roupa de abrigo,  chuvasqueiro e unha bolsa de plástico para cubrir a cámara en caso de necesidade.

(Reserva dispoñible proximamente)

 

DOMINGO 14

 Supervivencia no bosque
(A Peroxa). Durante esta ruta aprenderemos algunhas nocións sobre como actuar no monte en caso de emerxencia. Ensinarannos, ademais,  a recoñecer pegadas e rastros de animais, a facer lume (con  ferroceiro) ou a construír un refuxio de fortuna, entre outras técnicas.

Prezo: 15 € / Horario: de 10:00 a 17:00 horas /  Ruta de 12 km - Dificultade media

(Reserva dispoñible proximamente)

 

VENRES 19-DOMINGO 21

 Curso de orientación (Ribas de Sil). Curso de orientación en montaña con David Caballero, de 3 días de duración, do máis básico ao máis avanzado. Para aqueles que pensan que é imposible aprender orientación.

Prezo: 30 € / Horario: viernes de 17:00 a 20:00 horas; sábado de 8:30 a 19:00 horas; domingo de 08:30 a 15:00 horas / Inclúe xantar do sábado e domingo.

(Reserva dispoñible proximamente)

 

SÁBADO 20

 Camiño de Inverno en BTT (Monforte de Lemos, O Saviñao e Chantada). Sobe, que nos imos! Por camiños empedrados, entre  viñas e  bancais e con parada nos principais elementos etnográficos do Camiño de Inverno. E todo iso, en bicicleta, unha forma totalmente diferente de percorrer o Camiño.  

Prezo: 15 € / Horario: de 10:00 a 17:00 horas / Inclúe picnic e traslados en autobús necesarios / Etapa Monforte de Lemos - Chantada (30km) / Posibilidade de alugar bicicleta eléctrica (30€), previa petición no correo turismo@ribeirasacra.org

(Reserva dispoñible proximamente)

 

DOMINGO 21 

 Ruta literaria “Todo isto che darei” (Chantada). Descobre o pasado de Álvaro, percorrendo os camiños sinuosos que debuxan os  bancais entre viñedos, visitando a súa adega "La Heroica" e bebendo os seus viños. “Todo esto te daré”, o Premio Planeta 2016 de Dolores Redondo, será o noso fío nesta xornada.

Prezo: 6 € / Horario: de 9:30 a 14:00 horas / Inclúe visita a adega con degustación de viño D.O. Ribeira Sacra e traslados en autobús / Ruta de 7 km aprox (dificultade media)

(Reserva dispoñible proximamente)


SÁBADO 27 

 Con pan e viño, faise o Camiño (Chantada). Que mellor xeito de desfrutar da gastronomía ao redor do Camiño de Inverno que enchoupándose dela? Coñeceremos o proceso de elaboración do pan tradicional e do viño D.O. Ribeira Sacra nesta experiencia para chupar os dedos. 

Prezo: 15 € / Horario: de 9:30 a 18:00 horas / Inclúe visita a adega con degustación de viño D.O. Ribeira Sacra e traslados en autobús / Ruta de 6 km aprox (dificultade media)

(Reserva dispoñible proximamente)


- - - - - - - - - - - - - - - 

DECEMBRO 

SÁBADO 4 

 Romasanta, escenario de película (Esgos). Visita interpretada a distintos lugares da vida de Manuel Romasanta, popularmente coñecido como “O Home Lobo”. 

Prezo: 6€ /  Horario: de 10:00 a 14:00 horas / Incluye obsequio

(Reserva dispoñible proximamente)


DOMINGO 5

 Benestar para estar ben (Taboada). Espérate un paseo terapéutico de conexión coa natureza e con nos mesmos. Tranquilamente, e cos sete sentidos, iremos percibindo os  arrullos do bosque, gozando cos aromas e sabores da terra, enchoupándonos cos sons da creación, contemplando paisaxes de plenitude e sentindo o abrazo da brisa na pel.

Prezo: 15 € / Horario: de 10:00 a 20:00 horas / Inclúe almorzo

(Reserva dispoñible proximamente)

 

MARTES 7

 De fervenza a fervenza (Quiroga). Pedriña, Vieiros, Pombal,... Sóanvos estes nomes? Son algúns deses recunchos “secretos” de Ribeira Sacra que lle outorgan maior encanto do que xa coñecemos. Nesta xornada acompañarante quen mellor os coñecen...

Precio: 15 € / Horario: de 09:00 a 18:00 horas / Inclúe almorzo e traslados en microbús.

(Reserva dispoñible proximamente)



INFORMACIÓN IMPORTANTE: 

O número de prazas dispoñibles por actividade é de 10. A realización das mesmas están garantidas a partir dun mínimo de 6 prazas.

Todas as actividades inclúen guías ou monitores especializados.

NON SE ADMITEN CAMBIOS NIN DEVOLUCIÓNS unha vez realizada a reserva e pago da mesma, salvo que a actividade sexa cancelada por parte do Consorcio de Turismo.

O programa está suxeito a modificacións ou cancelacións, especialmente se a actividade se ve afectada polas condicións meteorolóxicas. Recoméndase consultar información actualizada na Web ou chamar ao teléfono de contacto.

Actividades de carácter promocional con prezos patrocinados no convenio 2021 coa  Axencia Turismo de Galicia

 

MÁIS INFORMACIÓN E RESERVAS: turismo.ribeirasacra.org

turismo@ribeirasacra.org

+34 638 823 592