Audioguía
Audioguía
Galería
Galería

Aldea de Belesar

Poboacións

Pertencente aos concellos de Chantada e O Saviñao, a aldea de Belesar destaca pola beleza da súa paisaxe, entre os bancais de cultivo da vide e reflectíndose nas augas do río Miño.

Esta aldea foi o lugar de paso desde antigo entre a comarca de Chantada e as Terras de Lemos, testemuño do cal son os Codos de Belesar, restos da vía romana que comunicaba Braga con Astorga. En canto as construcións, vemos casas de arquitectura tradicional, feitas en pedra e madeira, e aproveitando as características do terreo. Algunhas delas están decoradas coa técnica do esgrafiado

A aldea ten como patrón a San Bartolomé, a quen se dedica a igrexa e o peto de ánimas que hai ao pé da ponte. Tamén é un recoñecido lugar de produción de cereixas, froito ao que lle dedica unha festa a finais de maio ou principios de xuño. 

Outro elemento destacado é o embarcadoiro, desde o cal parten distintas rutas fluviais polo río Miño. Por aquí pasa tamén o Camiño de Inverno a Santiago de Compostela, e a Ruta de Sendeirismo PR-G 183 dos Viñedos de Belesar. 

Aldea de Belesar

Información e contacto

Enderezo

Belesar

Chantada/O Saviñao

Lugo

Equipamento e servizos

Aparcamento
De balde

Accesibilidade

En bicicleta
En coche
Cómo chegar Cómo chegar