Rutas Fluviais polo Miño

Unha das mellores maneiras de coñecer as Ribeiras do Miño é navegando polas súas augas. Neste apartado atoparás toda a información que necesitas das empresas que realizan rutas en embarcacións polo Miño.

RUTAS FLUVIAIS POLO MIÑO
Empresa Embarcadoiro Prezo Duración Prazas Reservas online Teléfono
Deputación de Lugo Embarcadoiro de Belesar
(O Saviñao)
9€ 1h.45' 63 Reservar online 982 260 196
Quinta Sacra Embarcadoiro de Pincelo
(Chantada)
    15+12 Rutas a medida 637 478 260
Turismo de Pantón Embarcadoiro de Maiorga
(Pantón)
    12 Rutas a medida 676 397 665
Sacra Activa Embarcadoiro de Belesar
(O Saviñao)
20€ 1h.15' 11 Reservar online 609 802 485
             

No rio Miño encontraredes o embarcadoiro de Belesar en O Saviñao, Maiorga en Pantón e o embarcadoiro dos Peares en Carballedo (Peares non presta servizo na actualidade).

As saídas das rutas están suxeitas ao nivel de auga de encoros e ríos, polo que o Consorcio de Turismo non se fai responsable da cancelación ou modificacións de saídas das embarcacións. As entidades responsables da xestión destes servizos poden sufrir modificacións ao longo do ano, polo que os datos de contacto e outra información recollida nesta guía podería estar desactualizada. Recomendamos consultar información nas entidades xestoras.

Navega polo Miño