Festival Sendeirismo Ribeira Sacra 2018

O Festival de Sendeirismo nace como unha nova forma de seguir poñendo en valor os recursos da Ribeira Sacra como o románico, o viño, as paisaxes ou os esgrafiados a través da práctica do sendeirismo. Ao mesmo tempo dinamízase a práctica senderista, dando a coñecer os principais sendeiros e rutas que existen na Ribeira Sacra.

Nun territorio privilexiado como o noso e cunha ampla rede de sendeiros, as actividades ao aire libre e o sendeirismo constitúense como unha alternativa saudable e sustentable coa que podemos coñecer a outra parte de Ribeira Sacra, aquela máis descoñecida para a maioría dos visitantes.

Teremos a oportunidade co Festival de Sendeirismo de percorrer as paraxes e recunchos máis recónditos do noso destino da man dos mellores guías especializados. Aprenderemos sobre viño, historia, etnografía, esgrafiados, cultura, aves e mesmo fotografía. 

As rutas tematizadas son o punto forte desta primeira edición, que se celebrará durante as xornadas do 12 e 13 de maio. Numerosos percorridos pensados para todos os públicos, desde os pequenos da casa ata os máis aventureiros. Con diferentes dificultades e duración, desenvolveranse ao longo e ancho de Ribeira Sacra, tendo todas algo en común; a festa que marcará o punto final ao evento. Unha reunión na que todos os participantes do Festival poderanse coñecer e gozar comentando o día mentres degustan produtos locais e escoitan aos mellores artistas da zona.

Se non podes esperar máis a facer o teu reserva, toma nota primeiro da seguinte información; todo o que tes que saber para participar no primeiro Festival de Sendeirismo de Ribeira Sacra. 

1. Condicións para inscribirse

Pódese acceder ao formulario de reserva desde cada ruta*. Tamén é posible realizar a reserva directamente desde a páxina web https://www.celtiatravel.com/

*Cada ruta está suxeita a unhas condicións específicas, as cales poderán ser consultadas no momento previo á realización de a reserva. 

2. Tarifas e dereitos dos participantes

  • Ruta de medio día: 8 €/ persoa
  • Ruta de día completo: 12 €/ persoa
  • Ruta de dous días: 20 €/ persoa (Aloxamento e comida non incluídos)
  • Tarifa infantil: gratis ata 6 anos; 1/2 de prezo de 7 a 12 anos; prezo adulto a partir de 13 anos. (Os nenos deberán ir sempre acompañados dun adulto)

O prezo inclúe ruta guiada, botella de auga, detalle de recordo, seguro e asistencia á festa con concerto, petiscos e sorteo de agasallos.

3. Recomendacións xerais

Ao igual que en calquera actividade relacionada co sendeirismo, todos os participantes deberán ir provistos de: calzado apropiado para a práctica de sendeirismo (bota de  montaña), bastón, mochila pequena con vestimenta apropiada á climatoloxía do día (chuvasqueiro, paraugas, visera ou gorra,...) e avituallamiento (bocadillo, peza de froita, auga, bebidas isotónicas,...).

 

PROGRAMACIÓN FESTIVAL SENDEIRISMO RS 2018

Data: 12 e 13 de maio 

Localizacións da festa final: claustro do Mosteiro de Sta Mª de Xunqueira de Espadanedo e pavillón polideportivo de Bóveda. 

[DESCARGAR PROGRAMACIÓN]

 

Organiza:

 

 

Patrocina: 

Colabora:

E ti, con cal quedas?