Igrexa de San Paio de Diomondi

Igrexa-capilla

Un epígrafe no interior do tímpano da porta principal sinálanos a data de 1170. As primeiras fontes documentais remítennos ao século VIII, aparecendo o bispo Odoario. Fernando II e Afonso IX tamén beneficiarán con doazóns e privilexios ao mosteiro, sendo confirmadas por papas como Alejandro III e Lucio III. Na actualidade depende do Bispado de Lugo e exerce como igrexa parroquial , tras ser restituída ao bispado nunha ocasión polo rei Fernando III en 1231. Sendo esta, principios do século XIII, a data do seu remate.

Arquitectonicamente segue o modelo de ábsida, de cabeceira semicircular precedida dun tramo recto, con arco de medio punto triplo que conecta coa nave única, decorado cun billeteado.

Segundo algúns autores lémbrannos ao taller de Pratarías da Catedral de Santiago de Compostela.

Tres ventás a media altura con arco de medio punto sobre columnas iluminan a nave. Na ábsida tamén tres ventás iluminan o interior, aínda que só se traballase con arco de medio punto e ventás a central, tanto ao interior como ao exterior.

Na nave observamos unha posible intención de cuberta con bóveda , aínda que non chegou a realizarse, e solucionouse cunha cuberta de madeira sostida por arcos apuntados que descansan sobre uns curiosos capiteis para o románico do momento. As ventás interiores posúen unha sinxela decoración. Na nave as do lado norte quedaron cegadas pola anexión do edificio do antigo palacio episcopal utilizado até os tempos do Bispo Aguirre no século XIX como residencia de verán. No interior uns arcos de medio punto decorados con chambrana construíronse probablemente coa intención de albergar sepulcros que non chegaron a realizarse.

Información e contacto

Enderezo

Diomondi

O Saviñao

27548 Lugo

Equipamento e servizos

Aparcamento
De balde

Accesibilidade

En coche
En bicicleta
Cómo chegar Cómo chegar