Galería
Galería

Mural "Os barquilleiros do Sil"

Murais

Este obxecto de estaño, parecido a un cántaro de leite e con debuxos feitos a pincel, era onde se transportaban tradicionalmente os barquillos, unhas obleas de fariña de trigo, auga, mel e canela.

Na tapa levaba o xogo do barquillo: unha ruleta con uns números que asignaban un premio ás persoas participantes. Os barquilleiros marchaban ás grandes cidades (especialmente a Madrid) e animaban as feiras vendendo os barquillos ao grito:

"Al rico barquillo de canela para el nene y la nena, son de coco y valen poco, son de menta y alimentan, de vainilla, ¡qué maravilla!, y de limón, ¡qué ricos que son!".

A xente de Parada de Sil saía a despedilos desde os miradores nos acantilados do río Sil, polo que agora se chaman Balcóns de Madrid.

Á esquerda do mural pintouse unha vista sintetizada do Canón do Sil e superposto o rosetón do mosterio románico de Santa Cristina de Ribas de Sil. 

Autor da obra e do texto: Miguel Peralta. (Cestola na Cachola) Parada de Sil (Ourense). 2015. Dentro do proxecto "Un toque de cor en Ribeira Sacra".

Os barquilleiros do Sil

Información e contacto

Enderezo

Crta de Castro

Parada de Sil

32740 Ourense

Teléfono contacto
+34689863713

Equipamento e servizos

De balde
Cafeterías

Accesibilidade

En bicicleta
En coche
Cómo chegar Cómo chegar