Galería
Galería

Mural "O ermitá de San Mamede"

Murais

Conta a historia que un ermitá para construír a ermita no alto da serra contou coa axuda de dous corzos para cargar pedras. Un día, un lobo atacou a un dos corzos polo que o ermitá púxoo a traballar con eles. Así foi como a ermita de San Mamede foi finalizada coa axuda dun corzo e un lobo.

Nesta zona de Galicia onde a gandeiría é a principal fonte de riqueza, o lobo é un dos animais máis temidos e aparece en moitas das historias locais.

O ermitá leva unha caroza, traxe tradicional galego feito de palla, moi usado por pastores/as e agricultores/as de Ourense . Empregábase para protexerse da choiva e o frío desde tempos inmemoriais ata fai unhas poucas décadas. A día de hoxe son poucas as persoas capaces de facer unha boa caroza e seguir usándoas nas profundidades dos montes galegos.

Obra e texto de Xoana Almar e Miguel Peralta (Cestola na Cachola). Montederramo (Ourense). 2015. Dentro do proxecto "Un toque de cor en Ribeira Sacra".

Mural O ermitá de San Mamede

Información e contacto

Enderezo

Montederramo

Ourense

Equipamento e servizos

De balde
Aparcamento

Accesibilidade

Mobilidade reducida
En coche
En bicicleta
Cómo chegar Cómo chegar