

Natureza e paisaxe - Rede natura 2000
A singularidade de Ribeira Sacra vén dada polos seus espazos naturais. Os impresionantes canóns do Sil e do Miño conteñen unha espectacular riqueza ambiental na que se desenvolveu un valioso patrimonio histórico. O viaxeiro sente unha fonda comunión coa natureza e a fusión coa paisaxe. Isto explica a ocupación deste territorio desde hai séculos por monxes e ermitáns, que buscaban unha contorna natural única para meditar.
Tódolos espazos naturais que aquí vos presentamos pertencen a Rede Natura e están catalogados como Lugares de Importancia Comunitaria.
Percorrer algún dos sendeiros que discorren por estes espazos, ou gozar das espectaculares paisaxes que nos ofrecen son o mellor xeito de coñecer estas xoias de gran valor natural.
O imponente Canón do Río Sil, os cumes do Courel ou o fermoso bidueiral de Montederramo, son algunha das paraxes nas que a natureza de Ribeira Sacra se mostra en todo o seu esplendor.