Galería
Galería

15º Outono Gastronómico en Ribeira Sacra

Volve o Outono Gastronómico a Ribeira Sacra! Do 17 de setembro ata o 19 de decembro de 2021, as casas de turismo rural de Galicia celebrarán esta xa habitual cita nos nosos calendarios.

Do mesmo xeito que en edicións anteriores, as casas participantes ofrecerán distintos menús elaborados especialmente para a ocasión. Como é habitual, ademais do Menú Outono Gastronómico, tamén tedes a posibilidade de adquirir o Paquete Outono Gastronómico - que inclúe unha noite de aloxamento na casa de turismo rural elixida -, ou gozar da oferta completa co Fin de semana Outono Gastronómico.

Por segundo ano consecutivo, tamén poderás desfrutar do Outono Plus naqueles establecementos que oferten adicionalmente outras actividades complementarias como paseos dacabalo, rafting, sendeirismo, visitas culturais, etc.

Como principal novidade, este ano, aloxándote durante dúas fins de semana en calquera dos establecementos integrados na promoción, recibirás un OuBono gastronómico, co que che regalarán outra fin de semana gratuíta nunha casa rural participante. 

Podes consultar as bases, condicións e ampliar información na seguinte ligazón:   https://www.turismo.gal/outono-gastronomico · Folleto  Outono Gastronómico:  https://www.turismo.gal/folleto.pdf

Abaixo, deixámosche as 8 casas participantes de Ribeira Sacra nesta 15 Edición do Outono Gastronómico en Galicia. Poderás consultar en imaxes os Menús Gastronómicos e as Actividades propostas por cada unha delas. 

Menús Gastronómicos

Ver máis...

Actividades Outono Plus