38ª Feira do Viño de Chantada

Trátase da feira máis temperá do calendario de Ribeira Sacra desde a súa creación no ano 1983.

Entre os días 8 e 10 de marzo poderemos degustar e mercar os caldos da nova colleita baixo as marcas de 16 adegas. Estes viños serán obxecto dunha cata popular e outra cata oficial en base á que se entregarán os premios aos mellor valorados.

Xunto ao viño, a música é a  protragonista dun amplo programa de actividades: orquestras, bandas de música, charangas, grupos de  zanfoñas e gaitas manterán o bo ritmo durante toda a fin de semana.

Esta edición estrea Túnel do Viño que se desenvolverá durante os días 7 y 8.

Ademais, quen así o desexe poderá aproveitar as oportunidades do comercio local ou a mostra de produtos e artesanía que contará cun espazo propio no recinto feiral, así como diversos obradoiros e actividades para os máis cativos.

 

Máis información: Concello de Chantada