A Caída da Folla 2019

Reservas de prazas

Correo electrónico a turismo@ribeirasacra.org indicando:

  • Nome e apelidos
  • Actividad/-es e data
  • Número de prazas
  • Teléfono de contacto

Venres 1 de novembro:

  • Xornada de portas abertas Búskao en Ribeira Sacra

    Ainda non coñeces a primeira ruta de escape en España ?  Pois agora tes a opción de escoller entre dúas, porque xa temos en marcha o segundo xogo de Búskao.

O xeito máis enigmático, innovador e participativo de coñecer Ribeira Sacra.

Para o día 1 de novembro dispoñemos de 5 bonos gratuitos en cada xogo (en Ferreira de Pantón e en Luintra, Nogueira de Ramuín). Os primeiros 5 equipos que nos envien un correo a turismo@ribeirasacra.org solicitando participar desta xornada serán os beneficiarios. En familia ou cun grupo de amigos, proba e xa nos contarás...

Máis información en turismo.ribeirasacra.org

 

Sábado 2: 

BAÑO DE BOSQUE (Parada de Sil): Sabes do poder das nosas árbores? Achégate  ao benestar nun escenario idílico.

Prazas: 10 / Horario:  16 a 19 h / Prezo: 6€ / Punto de encontro: Reitoral de Chandrexa 

 

Domingo 3:

DANZANDO O OUTONO (Paradela-Portomarín). Ao longo da ruta do Loio recolleremos elementos cos que logo traballaremos, ao acollido, a expresión corporal a partires da inspiración que nos dan os elementos da natureza existentes na contorna do Loio.

Prazas: 15 / Horario: 10 a 14 horas / Prezo: 6€ / Punto de encontro: Parque Infantil da Ruxidoira / Inclúe traslado en microbús

 

Sábado 9:

CESTAS E AO BOSQUE! (Os Peares, A Peroxa - Carballedo):  Xornada para o coñecemento, recollida e degustación de cogumelos á beira do Miño.

Prazas: 15 / Horario: 10 a 19 horas/ Prezo: 15€ / Punto de encontro: Centro de Inmeersión Lingüística Os Peares / Inclúe xantar

CAMIÑO DE INVERNO ENTRE FOLLAS E BANCAIS (A Pobra do Brollón-Monforte-Pantón): Combinamos  un tramo do Camiño a pé con outra parte en kaiak polo Miño dende Maiorga.  

Prazas: 15 / Horario: 10 a 18 horas / Prezo: 15€ / Punto de encontro: Estación de tren de Monforte de Lemos / Inclúe traslado en microbús, xantar de pinchos  e equipo de kaiak

 

Domingo 10:

OLEOBUS (Quiroga): Paseo polos oliveirais, recollida da oliva participando do vareo. Visita a almazara e participación do proceso productivo. Cata de aceites con pan da zona. Breve xantar. Visita taller de madeira de olivo e, por suposto, ao muiño de Bendilló.

Prazas: 15 / Horario: 10:30 a 16:30 horas / Prezo: 15€ / Punto de encontro: Parque dos Condes (Monforte de Lemos) / Inclúe transporte en microbús e xantar tradicional

 

Sábado 16:

OLEOBUS (Quiroga): Mesmo plantexamento que no día 10.

 

Domingo 17:

FOTOGRAFÍA AO SOLPOR (Belesar, Chantada-O Saviñao). As cores do outono son especiais en Ribeira Sacra, pero convértense en máxicas ao despedir o día. Para os apaixoados da fotografía.

Prazas: 10 / Horario: 10 a 18 horas / Prezo: 15€ / Punto de encontro: Adega Vía Romana / Inclúe xantar

OLLANDO AO CEO DO CANÓN (Castro Caldelas - A Teixeira - Parada de Sil-Nogueira de Ramuín) . Propoñémosche a ruta ornitolóxica  Peregrinus do Galicia Birding na compaña dun experto.

Prazas: 10 / Horario: 10 a 14 horas / Prezo: 6€ / Punto de encontro: Centro Parada Justel, Esgos, OU-536 / Inclúe transporte en microbús

 

Sábado 23:

DE SENDEIRISMO POLO XEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL (Ribas de Sil): Mergullámonos  no itinerario paisaxístico do complexo arqueolóxico-mineiro do Covallón. 

Prazas: 20 / Horario: 10:30 a 17:00 h / Prezo: 15€ / Punto de encontro: Albergue de Quiroga / Inclúe xantar e entrada ao museo xeolóxico de Quiroga

 

Domingo 24:

BENESTAR NA RIBEIRA SACRA (Taboada). Trátase de obter unha experiencia consciente e íntima máis alá do propio paseo pola natureza. Un coñecemento máis completo dos agasallos escondidos que nos ofrece o outono na Ribeira Sacra .

Prazas: 10 / Horario: 10 a 20 horas / Prezo: 15€ / Punto de encontro: Casa do Romualdo / Inclúe xantar

 

Sábado 30:

A DESPEDIDA DO OUTONO (A Peroxa): Poñeremos fin á programación de outono con ruta de Nordic Walking por unha fermosa paraxe do Miño .

Prazas: 20 / Horario: 10 h a 13 horas / Prezo: 6€ / Punto de encontro: Igrexa de San Martiño

MAGOSTO TRALO TELÓN (Esgos-Xunqueira de Espadanedo). Visita teatralizada ao mosteiro máis antigo e magosto tradicional no museo de Niñodaguia.

Prazas: 15 / Horario: 16:30 a 20 horas / Prezo: 6€ / Punto de encontro: Mosteiro de San Pedro de Rocas / Inclúe merenda con empanada, chourizo, castañas e bica

 

E RECOMENDAMOS!

Visita ao Bidueiral de Montederramo,  á Aula Forestal Os Trollos en Bóveda ou á ruta dos viñedos en Sober.

O programa está suxeito a modificacións ou cancelacións, especialmente se a actividade se ve afectada polas condicións meteorolóxicas. Recoméndase consultar información actualizada na Web ou chamar ao teléfono de contacto.

Requírese reserva anticipada a través da web.

Prezos, número de prazas e outra información de interese en turismo.ribeirasacra.org

Actividades de carácter promocional con prezos patrocinados no convenio coa Axencia Turismo de Galicia

 

CONTACTO

turismo.ribeirasacra.org

turismo@ribeirasacra.org

638 823 592