Agosto repleto de eventos

A axenda de agosto ven repleta de concertos, actividades culturais, verbenas, feiras tradicionais, gastronómicas,...

Agosto é o mes por excelencia das festas patronais, así que teremos verbenas e actuacións en moitísimas aldeas, e as grandes festas de Escairón, Quiroga, Monforte de Lemos ou Chantada.

Pero tamén é tempada de festivais, como o Música na Rúa de Escairón, o Trece Roeis Fest de Pantón, o Ponte Louco de Castro Caldelas, o Cos Pés na Terraza na Pobra do Brollón ou a Festa da Mocidade de Taboada.

E si o voso é o motor, a subida a Chantada para os afeccionados aos rallyes e o encontro moteiro Saúdame Sempre en Quiroga, Folgoso e Ribas de Sil; serán as vosas opcións.

Non poden faltar as festas gastronómicas como a Feira da Rosca de Sober ou a Mostra do Mel de Quiroga, ou algo máis contundente como os callos da Feira Agro Ambiental de Esgos.

E non podemos deixar de destacar o Folión de Carros de Chantada, con varios séculos de historia e declarada de Interése Turístico, e que lembra os oficios tradicionais de Ribeira Sacra.