COMUNICACIÓN COVID-19

SERVIZO DE CONSULTAS SOBRE AS MEDIDAS CRISE COVID-19 // CONSORCIO DE TURISMO RIBEIRA SACRA:. Enviar correo a turismo@ribeirasacra.org

 

 

 

 

FERRAMENTAS, RECOMENDACIÓNS E FORMACIÓN

Formación EOI para PEMES: Contrarrestar os efectos do COVID-19

Plan de Choque Anfitriones (COVID-19)

Teleformación do Centro Superior de Hostelería de Galicia 

Ferramentas para o teletraballoo postas a disposición pola Xunta de Galicia 

APP para móbil con información de medidas laborais e económicas COVID-19 para autónomos e empresas

Portal Coronavirus en Galicia (Xunta de Galicia)
 

INFORMES E GUÍAS DE INTERESE

Listaxe de produtos virucidas autorizados en España

Guía para a compra de máscaras. Minsiterio de Consumo

Previsións de impacto do COVID-19 no sector turístico galego (Clúster de Turismo de Galicia)

Guía de recomendacións preventivas de saúde laboral ante o coranvirus (Xunta de Galicia)

Guía práctica de medidas para autónomos (Ministerio de Industria, Turismo y Comercio)

Guía de boas prácticas en centros de traballo (Ministerio de Industria, Turismo y Comercio)

Guía principais medidas de impacto económico e laboral para o sector turístico e os seus  traballadores (SecretarIa de Estado de Turismo)

Proposta de actuación recuperación sector turístico (Responsible Tourism Institute) 

Impacto  e Escenarios  de  recuperación en  Consumo  e Distribución (Deloitte)

 

AXUDAS

Subvencións da Deputación Provincial de Ourense para Autónomos e Pequenas Empresas.

Apoios para persoas traballadoras acollidas a un ERTE (Xunta de Galicia)

Préstamos avalados para apoiar ás PEMES e Autónomos no contexto do actual brote COVID-19 (2020)

Programa de financiacimentto IGAPE: Reaval  COVID-19

Flexibilización programa EMPRENDETUR

Liñas de axuda ICO Sector Turístico e actividades conexas Covid 19/Thomas Cook 

Portal Coronavirus en Galicia (Xunta de Galicia)

 

ÚLTIMA HORA (31/05/2020)

Guía explicativa sobre a Fase 3

 

ÚLTIMA HORA (23/05/2020)

Guía explicativa sobre a Fase 2.

 

ÚLTIMA HORA (22/05/2020)

Orde SND/427/2020, de 21 de maio, pola que se flexibilizan certas restricións derivadas da emerxencia sanitaria provocada polo COVID-19 a pequenos municipios e a entes locais de ámbito territorial inferior.

 

ÚLTIMA HORA (19/05/2020)

Nota informativa sobre a eficacia da desinfeción de equipos e produtos biocidas para previr a transmisión da COVID-19. 

 

ÚLTIMA HORA (16/05/2020)

Orde SND/414/2020, de 16 de maio, para a flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional establecidas trala declaración do estado de alarma en aplicación da fase 2 do Plan para a transición cara unha nova normalidade.

 

ÚLTIMA HORA (10/05/2020)

Guías para a redución do contaxio polol coronavirus SARS-CoV-2 no sector turístico

 

ÚLTIMA HORA (09/05/2020)

Guía explicativa sobre a FASE 1

Orde SND/399/2020, de 9 de maIo, para a flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional, establecidas trala declaración do estado de alarma en aplicación da fase 1 do Plan para a transición cara unha nova normalidade.

 

ÚLTIMA HORA (03/05/2020)

Orden de flexibilización de restricciones sociales, y medidas para la apertura de comercio minoritas y actividades de hostelería y restauración.

 

ÚLTIMA HORA (01/05/2020)

Incorporación progresiva de persoal en ERTE

 

ÚLTIMA HORA (30/04/2020)

Plan "Renacer del Turismo Español" 2020-2023

 

ÚLTIMA HORA (29/04/2020)

Nota informativa da  Consellería de Sanidade sobre produtos virucidas

 

ÚLTIMA HORA (28/04/2020)

Plan para a transición cara unha nova normalidade

ANEXO I: Panel de indicadores

ANEXO II: Previsión orientativa levantamento de restriccións

ANEXO III: Cronograma orientativo

 

ÚLTIMA HORA (24/04/2020)

Esta mañá tivemos ocasión de asistir virtualmente a un seminario dirixido polo director do ICTE, Miguel Mirones, e no que participaba a Secretaria de Estado de Turismo, Isabel Oliver, con responsables de Turismo de diferentes Comunidades Autónomas entres os que estaba o Conselleiro, Román Rodríguez. Quizais algún dos concellos tivo oportunidade de escoitar a esta mesa.

Este seminario pretendía compartir a folla de ruta que se vai a seguir pola Secretaría de Estado en canto ás condicións a cumprir polos establecementos e servizos turísticos de cara á reactivación da actividade. Isabel Oliver deposita no ICTE a responsabilidade de elaborar 17 especificacións técnicas, unha para cada subsector do turismo  (hoteis, aloxamentos rurais, hostels e albergues, restaurantes, balnearios, turismo activo, museos, oficinas de turismo, etc.)

Estas especificacións técnicas serán protocolos a seguir que estarán a disposición de todas as empresas e destinos de xeito gratuíto. Como premisas que establecen están a de ofrecer garantías a empresas, traballadores e clientes por unha banda, e, por outra, que sexan asumibles.

Marcan un prazo de dúas semanas para a súa redacción. Elaborarán borradores que debatirán a semana próxima coas patronais dos diferentes sectores, os representantes da Administración (estatal, autonómica e provincial/municipal), os sindicatos de ámbito nacional e os organismos sanitarios. Nunha segunda semana haberá unha nova rolda de reunións con eses mesmos participantes para acadar unha versión definitiva e, na terceira semana, as especificacións técnicas serán presentadas ao Ministerio de Sanidade para a súa revisión, valoración e aprobación.

Cada Comunidade Autónoma valorará posibles liñas de financiamento (ou cofinanciamento) para dotar de liquidez ás empresas no momento de adoptar as medidas que se lles esixa a cada subsector.

 

ÚLTIMA HORA (21/04/2020)

Medidas extraordinarias para o pago de alugueres de locais de negocio
 

ÚLTIMA HORA (15/04/2020)

Ampliación de declaracións de determinados impostos (IVE, IRPF, ...)
 

ÚLTIMA HORA (10/04/2020)

Aprazamento de pago de impostos para PEMES e Autónomos ata o 20 de maio

 

ÚLTIMA HORA (01/04/2020)

MEDIDAS URXENTES COMPLEMENTARIAS ÁMBITO ECONÓMICO

"No caso de que se trate de contratos de viaxe combinada, que fosen cancelados con motivo do COVID19, o organizador ou, no seu caso o comerciante polo miúdo, poderán entregar ao consumidor ou usuario un bono para ser utilizado dentro dun ano desde a finalización da vixencia do estado de alarma e as súas prórrogas, por unha contía igual ao reembolso que correspondese. Transcorrido o período de validez do bono sen ser utilizado, o consumidor poderá solicitar o reembolso completo de calquera pago realizado. En calquera caso, o eventual ofrecemento dun bono sustitutorio temporal deberá contar co suficiente respaldo financeiro que garanta a súa execución. Non obstante o anterior, o organizador, ou no seu caso o comerciante polo miúdo, deberán proceder a efectuar o reembolso aos consumidores e usuarios no caso de que estes solicitasen a resolución do contrato, de conformidade co previsto no apartado 2 do artigo 160 do texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios e outras leis complementarias, sempre que os provedores de servizos incluídos no contrato de viaxe combinada procedesen á devolución total do importe correspondente aos seus servizos. Se só algúns dos provedores de servizos da viaxe combinada efectuasen a devolución ao organizador ou, no seu caso, ao comerciante polo miúdo, ou a contía devolta por cada un deles fose parcial, o consumidor ou usuario terá dereito ao reembolso parcial correspondente ás devolucións efectuadas, sendo descontado do importe do bono entregado pola resolución do contrato. O organizador ou, no seu caso, o comerciante polo miúdo, procederán a efectuar os reembolsos citados anteriormente nun prazo non superior a 60 días desde a data da resolución do contrato ou desde aquela en que os provedores de servizos procedesen á súa devolución." (Sección 6, Art. 36.4 del Real Decreto-lei 11/2020, de 31 de marzo, polo que se se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito sociale  económico para facer fronte ao COVID-19.)

 

Qué traballdores do sector turístico poden seguir coa súa actividade?

 

ÚLTIMA HORA (31/03/2020)

Guía de preguntas habituais sobre o ERTE elaborada pola Xunta de Galicia

Nova prestación por cese de actividade para autónomos

 

ÚLTIMA HORA (30/03/2020)

Programa de financiamento IGAPE: Reaval  COVID-19

 

ÚLTIMA HORA (29/03/2020)

Real Decreto-lei 10/2020, de 29 de marzo, polo que se regula un permiso retribuido recuperable para as persoas traballadoras por conta allea que non presten servizos esenciais
 

ÚLTIMA HORA (28/03/2020)

APP para móbil con información de medidas laborais e económicas COVID-19 para autónomos e empresas

 

ÚLTIMA HORA (27/03/2020)

Acordos do Consello da Xunta de Galicia en relación á crise do COVID-19 (páxinas 15-16, autónomos e PEMES)
 

ÚLTIMA HORA (25/03/2019)

Galicia puxo 157 aloxamentos turísticos a disposición de persoas afectadas pola crise do coronavirus

Listaxe de establecementos dispoñibles 

 

Orde ministerial sobre servizos esenciais en determinados establecementos turísticos

 

ÚLTIMA HORA (24/03/2020)

Medidas adoptadas ante a situación excepcional xenerada polo COVID-19 con impacto nos sectores da industria, comercio e turismo (Ministerio de Industria, Comercio y Turismo)

 

ÚLTIMA HORA (22/03/2020)

Guía Práctica de aplicación de medidas de carácter laboral

 

ÚLTIMA HORA (19/03/2020)

Orden ministerial que ordena o PECHE de establecementos de ALOXAMIENTO TURÍSTICO (BOE)

 

ÚLTIMA HORA (18/03/2020)

Liñas de axuda ICO Sector Turístico y actividades conexas Covid 19/Thomas Cook 

Autotest e información actualizada dende o SERGAS  (coronavirus.sergas.gal)

Medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19 (BOE)

 

ÚLTIMA HORA (15/03/2020)

O ERTE, todo o que precisas saber como afectado ou como empresa con interese en tramitalo

Comunicado peche PARADORES
 

ÚLTIMA HORA (14/03/2020)

Declaración do ESTADO DE ALARMA (BOE)

 

ÚLTIMA HORA (13/03/2020)

A Xunta de Galicia decreta o ESTADO DE EMERXENCIA en Galicia.

No que ao sector turístico e de hostalería se refire:

A partires das 00:00 h (14/03/2020) e durante os próximos 14 días péchanse ao público bares, cafeterías e restaurantes, pero poderase prestar servizo de entrega a domiclio e recollida en local coa permanencia estritamente necesaria á recollida.

A medida complétase co peche de salas de festas, discotecas, pubs, albergues do Camiño de Santiago, polideportivos, piscinas e furanchos (negocio local).

Non están afectados por esta medida os servizos de restauración dos hoteis, sempre que só sirvan para clientes, e os establecementos de instalacións de servizos públicos.

A MAIOR PARTE DOS SERVIZOS TURÍSTICOS DE RIBEIRA SACRA (oficinas de turismo, museos, roteiros fluviais, mosteiros, ...) PECHARON XA AS SÚAS PORTAS ata novo aviso e, fóra dos aloxamentos que contan con hóspedes nestes momentos, o resto  de empresas suspenderán a súa actividade nas próximas horas. 

Información a los viajeros procedentes de zonas de riesgo CASTELÁN / INGLÉS / CHINÉS 
 

COMUNICACIÓN EN RELACIÓN AO COVID-19 (12/03/2020)

  • EN XERAL: A programación de actividades turísticas de carácter promocional prevista para Semana Santa por este Consorcio queda cancelada seguindo as recomendacións que piden evitar os desprazamentos por motivos de lecer ou as actividades grupais de carácter lúdico.
     
  • AOS VISITANTES: Recomendamos que, polo momento, consulten previamente sobre a apertura ou peche de puntos de interese turístico nos teléfonos que poderán atopar para cada un dos casos nesta Web. As medidas adoptadas fronte o COVID-19 por xestores de oficinas de turismo, museos, mosteiros, roteiros fluviais e demais servizos vanse coñecendo co paso das horas e é posible que non teñamos a información máis actualizada no momento que recibimos as consultas. En xeral, para a persoas que estean a visitar a zona neste momento, rogamos que, na medida do posible, diríxanse ás oficinas de turismo vía telefónica e eviten as consultas presenciais, e atendan en todo momento ás novidades que se vaian trasnsmitiendo polas autoridades a través dos diferentes medios de comunicación.

    Información a los viajeros procedentes de zonas de riesgo CASTELÁN / INGLÉS / CHINÉS 
     
  • AO SECTOR TURÍSTICO: O pasado 12 de marzo remitimos vía correo electrónico a "Guía de boas prácticas fronte ao COVID-19 para establecementos e traballadores do sector turístico " elaborada pola Secrertaría de Estado de Turismo. Rógase teñan coñecemento sobre a mesma e sigan estas e outras instrucións que se vaian dando polas autoridades sanitarias nas próximas horas ou días.

    Agradecemos enormemente a colaboración de todos/- as.