Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte 2019

Contará coa participación de 25 adegas da Ribeira Sacra ademais de outras actividades como obradoiros infantís, concertos ou ViñoRutas

O Paseo do Malecón de Monforte acollerá o vindeiro fin de semana os postos de 25 adegas que darán a coñecer aos visitantes o resultado da última vendima. Pero non todo vai ser viño, e a organización completou un programa cheo de actividades para aproveitar toda a fin de semana.

Aos concertos de The Teta's Van e de Habelas Hainas, únese o espectáculo de Nova Galega de Danza; e para os máis pequenos talleres de alfarería, contacontos e animacións.

E para coñecer mellor de onde saen os viños, as ViñoRutas ofrecen cinco percorridos diferentes que combinan os elementos que fan recoñecible Ribeira Sacra: viñedos, adegas, paisaxe, románico, mosteiros e os ríos.

Pincha eiquí para descargar o programa completo