Peche estrada OU-0509 Luíntra - Esgos
[ACTUALIZACIÓN NOVA: acceso en vehículo vía Esgos ao mosteiro de San Pedro de Rocas PECHADO ata novo aviso]
A Deputación de Ourense informa mediante comunicado en prensa de cortes puntuais na estrada OU-0509 Luíntra-Esgos, entre os quilómetros 9+200 a 11+200. O corte afectará ao tránsito para chegar ao mosteiro de San Pedro de Rocas, que permanecerá aberto ao público, alternando o seu acceso vía Luíntra ou vía Esgos.
Treito e duración do corte:
- Fase 1: do p.q. 9+200 ao 10+300, do 25/08/2022 ao 08/09/2022 (Acceso aberto ao mosteiro dende Esgos)
- Fase 2: do p.q. 10+300 ao 11+200, do 09/09/2022 ao 16/12/2022 (Acceso aberto ao mosteiro dende Luíntra)
O mosteiro de San Pedro de Rocas permanecerá aberto con normalidade e cos accesos indicados arriba.
[ACTUALIZACIÓN NOVA: acceso en vehículo vía Esgos ao mosteiro de San Pedro de Rocas PECHADO ata novo aviso]
Accesos alternativos para chegar a Luíntra/Santo Estevo desde Esgos:
- Por OU-0512 e OU-0511, vía Loñoá (O Pereiro de Aguiar) - Pechadas ao tráfico o 17 de setembro por celebración de proba automobilística.
- Por OU-536 ata pasar A Derrasa e despois, por OU-0508 en dirección Luíntra (recomendable para autocares).
- Outros desvíos sinalizados por Cernada, Lobaces e Covas.