Ribeira Sacra, candidata Patrimonio da Humanidade

Un día despois da declaración da paisaxe cultural da Ribeira Sacra como Ben de Interese Cultural (BIC), o presidente da Xunta de Galicia anunciaba que Ribeira Sacra xa é candidata oficial a Patrimonio Mundial da Humanidade.

Ademais, Alberto Núñez Feijóo avanzaba o pasado venres en Pantón a posta en marcha no 2019 do ‘Plan Ribeira Sacra’, que permitirá coordinar e xestionar de maneira global os investimentos das distintas administracións nesta área.


Máis información-enlace oficial:  https://www.xunta.gal/