Roteiros Románico 2019

MÉRCORES ROTEIRO 1:

Punto de encontro: 16:30 h na igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño.

Visitas: Santo Estevo de Ribas de Miño, San Paio de Diomondi, Santa Mª de Seteventos e  Dolmen de Abuime.

 

 

XOVES ROTEIRO 2:

Punto de encontro: 16:30 h no Mosteiro do Divino Salvador en Ferreira de Pantón.

Visitas: Mosteiro do Divino Salvador, San Miguel de Eiré, San Fiz de Cangas e Santo Estevo de Atán.

 

VENRES ROTEIRO 3:

Punto de encontro: 16:30 h diante de IES Val do Asma en Chantada.

Visitas: Santa María de Pesqueiras, San Salvador de Asma e Santa Mª de Nogueira de Miño.

 

SÁBADO ROTEIRO 4:

Punto de encontro: 10:30 h diante da oficina de turismo de Sober.

Visitas: percorrido a pé por Proendos ( paseo circular de 3 kms-dificultade baixa). Coñeceremos unha parroquia cargada de historia: patrimonio arqueolóxico representado nos petróglifos que temos contorna á igrexa; localización da Proencia romana onde veremos algúns restos da antiga vila; casas nobres e blasonadas; patrimonio natural contorna aos camiños e terminaremos coa visita á igrexa románica de Santa María e as súas marabillosas pintural do século XVI.

 

Prezo: 7 € IVE/IVE Incluído, por persoa e roteiro.

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE:

  • Roteiros guiados con saídas regulares de mércores a sábado segundo programa.
  • Desprazamentos en coches particulares.
  • As persoas interesadas teñen que presentarse á hora de saída no punto indicado.
  • A saída está garantida, independentemente do número de persoas. Non é preciso reservar.
  • Nos roteiros 3 e 4 é necesario camiñar polo que se aconsella levar calzado cómodo.
  • Os roteiros poden verse modificadas a criterio do guía por oficios relixiosos ou imprevistos.

Información: info@maisqueromanicorutas.com/ 646 533 229