Galería
Galería

Roteiros Románico 2020

O 1 de xullo comezan os "Roteiros do Románico" da man de Máis que Románico. Adaptándose á situación actual, este ano incorpóranse unha serie de medidas como a limitación do tamaño do grupo ou a reserva con antelación, entre outras.

PROGRAMA 2020 (do 1 de xullo ao 11 de outubro):

MÉRCORES ROTEIRO 1:

Punto de encontro: 16:30 h na igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño.

Visitas: Santo Estevo de Ribas de Miño, San Paio de Diomondi, Santa Mª de Seteventos e  Dolmen de Abuime.

 

XOVES ROTEIRO 2:

Punto de encontro: 16:30 h no Mosteiro do Divino Salvador en Ferreira de Pantón.

Visitas: Mosteiro do Divino Salvador, San Miguel de Eiré, mirador de Os Peares e San Vicente de Pombeiro.

 

XOVES ROTEIRO 3:

Punto de encontro: 20:30 h diante da oficina de turismo de Sober.

Visitas: percorrido nocturno polos petróglifos de Sober para coñecer os gravados rupestres ao aire libre máis emblemáticos da zona de Lugo. 

 

VENRES ROTEIRO 4:

Punto de encontro: 16:30 h diante do IES Val do Asma en Chantada.

Visitas: Santa María de Pesqueiras, San Salvador de Asma e Santa Mª de Nogueira de Miño.

 

SÁBADOS ROTEIRO 5:

Punto de encontro: 10:30 h diante da oficina de turismo de Sober.

Visitas: percorrido a pé por Proendos (paseo circular de 3 kms-dificultade baixa). Coñeceremos unha parroquia cargada de historia: patrimonio arqueolóxico representado nos petróglifos que temos contorna á igrexa; localización da Proencia romana onde veremos algúns restos da antiga vila; casas nobres e blasonadas; patrimonio natural contorna aos camiños e remataremos coa visita á igrexa románica de Santa María e as súas marabillosas pinturas do século XVI.

 

DOMINGOS ROTEIRO 6: 

Punto de encontro: 10:30 h diante do edificio do Concello de Carballedo, en A Barrela. 

Visitas: percorrido a pé por Chouzán (ida e volta 3km, dificultade media). Coñeceremos a historia da parroquia de Chouzán, situada á ribeira do río Miño, que conserva a súa estrutura orixinal cargada de elementos etnográficos e naturais, o que nos axudará a entender os modos de vida e costumes na Ribeira sacra. Remataremos coa visita á igrexa románica de Santo Estevo de Chouzán, antigo mosteiro benedictino, trasladado do seu emprazamento orixinal despois da construción do encoro dos Peares. 

 

Precio: 7 € IVA Incluido, por persoa e ruta.

INFORMACIÓN IMPORTANTE:

  • Roteiros guiados con saídas regulares de mércores a sábado segundo programa. Desprazamentos en coches particulares.
  • IMPRESCINDIBLE RESERVAR NO TELÉFONO 646 533 229. A salida está garantizada (MÁXIMO 20 PERSOAS/grupo). OBRIGATORIO USO DE MASCARILLA.
  • Nos roteiros 3, 4, 5 e 6 é preciso camiñar, polo que se aconsella levar calzado cómodo e auga. 
  • As rutas poden verse modificadas a criterio do guía por oficios relixiosos ou imprevistos. 

Información e reservas: info@maisqueromanicorutas.com/ 646 533 229

Carteis Roteiros Románico 2020