SERVIZO LANZADEIRA PARADA DE SIL-MOSTEIRO DE SANTA CRISTINA

XULLO: De mércores a domingo

AGOSTO: Todos os días

Obrigatorio en fins de semana, tanto de xullo como de agosto. OBRIGATORIO TODOS OS DÍAS DENDE O 16 ATA O 31 DE AGOSTO.

Adquisición de entradas:  Hasta 30 minutos antes da saída en https://entradas.ribeirasacra.org ou no propio bus suxeito á dispoñibilidade de prazas.

 

PUNTO DE SAÍDA: Diante do Concello/Oficina de Turismo

HORARIO

Saídas dende Parada de Sil:

  • Mañás: 10:30 / 11:15 / 12:00 / 12:45
  • Tardes: 15:30 / 16:15 / 17:00 / 17:45 / 18:30

Saídas dende o Mosteiro de Santa Cristina:

  • Mañás: 10:50 / 11:35 / 12:20 / 13:30
  • Tardes: 15:50 / 16:35 / 17:20 / 18:05 / 19:15

Parada en Castro tanto na baixada como na subida (parda sen agarda).

 

PRAZAS: 39

PREZO DO SERVIZO:

  • Público xeral: 2 € (Incluíndo 1€ do prezo da entrada ao mosteiro)
  • Nenos/-as ata 16 anos: Gratuito.

 

EXCEPCIÓNS:

Os grupos que se despracen nos seus propios autobuses, poderán acceder ao mosteiro retirando a entrada previamente a través da plataforma e dentro do aforo permitido, ou contactando directamente coa Oficina de Turismo de Parada de Sil.

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra contactará coas persoas ou empresas que retiraran en datas anteriores entradas para as fins de semana de xullo e agosto.

 

O Plan de Sostibilidade Turística en Ribeira Sacra contempla o Desenvolvemento dun Plan de Mobilidade Sostible orientado á redución da presenza de vehículos privados, favorecendo un uso do espazo público máis sostible, confortable e seguro.

Ribeira Sacra é unha paisaxe cultural de gran extensión, fráxil, con recursos dispersos, e asentado sobre unha topografía complexa.

Coa pretensión de minimizar os problemas de conxestión e estacionamento en determinados puntos e así mellorar a experiencia dos nosos visitantes, poñemos este servizo a disposición e solicitamos que fagan uso do mesmo.

Grazas pola súa colaboración na protección deste territorio.

Consorcio de Turismo Ribeira Sacra e Concello de Parada de Sil.