Distancia del recorrido:
82,3 km
Tiempo del recorrido:
1 día
Comezo
Monforte de Lemos
Chegada
Monforte de Lemos
Galería
Galería

Ruta da Ribeira do Miño (Saida dende Monforte)

Percorridos históricos Percorridos enolóxicos Percorridos ambientais En coche

Coñece os tesouros escondidos do románico na Ribeira do Miño . Podes empezar por un lugar tan especial como o Mosteiro Circense do Divino Salvador, o único mosteiro na Ribeira Sacra que mantén a vida monacal.

Partindo de Monforte , tomaremos a antiga N-120 até Ferreira de Pantón, onde visitaremos o mosteiro das Bernardas tras admirar a igrexa de San Miguel de Eiré, a só tres quilómetros.

Continunando en dirección Escairón (O Saviñao) colleremos unha desviación para visitar a igrexa de San Martiño da Cova, nunha fermosa paraxe. Desde aí seguiremos en dirección Escairón até tomar o Corredor Rápido en dirección Chantada.

Chegando ao Miño debemos estar atentos á indicación do lugar de Belesar.Alí poderemos coller o catamarán e despois achegarnos a Chantada.

Tras a visita e paseo polo casco antigo de Chantada, o retorno a Monforte farémolo polo mesmo corredor rápido, podendo parar nas igrexas románicas de Santo Estevo de Ribas de Miño e San Paio de Diomondi, gozando das fermosas vistas no primeiro dos montes frondosos de Diomondi. Estas son só algunhas das moitas igrexas e mosteiros presentes nestes concellos do sur de Lugo.

Para visitalos debemos coller desvíos ben sinalizados que pouco nos apartan da estrada principal, volvendo comodamente a Monforte.

Un lugar onde a paz e a calma son os protagonistas

Trátase do único mosteiro na Ribeira Sacra que mantén a vida monacal e que ademais mantivo a súa función dende a súa fundación ata a actualidade. A día de hoxe só o habitan monxas da orde cisterciense, cuxa vida a dedican á oración, o repouso e ao traballo.

Un dos conxuntos románicos que mellor se conserva de toda Galicia

É un dos conxuntos románicos que mellor se conserva de toda Galicia, lembrándonos ao prerrománico asturiano.

A súa orixinalidade vén dada pola súa estrutura composta de planta rectangular sobre a que se asenta una torre rectangular no cruceiro da nave, única no románico galego, e unha ábsida semicircular en cuxa bóveda atopamos un pantocrátor acompañado da Virxe e San Juan.

Posúe unhas coñecidas pinturas murais no seu interior

É famosa polas pinturas murais que alberga, do século XVI, restauradas hai apenas uns anos, en las que aparecen escenas da Anunciación e do Xuízo Final.

Chantada ten tamén numerosos monumentos do Románico

Chantada ten numerosos monumentos do Románico que se poden visitar facendo calquera das rutas turísticas que están á disposición do visitante.

Un dos mosteiros máis emblemáticos da Ribeira Sacra

Fermosa igrexa románica situada sobre unha das ladeiras do Canón do río Miño, nunha paisaxe agreste entre bosques autóctonos. O seu singular emprazamento dótaa de aínda máis encanto e interese, facendo da súa visita algo memorable.

Trátase dunha boa mostra do románico galego

Esta igrexa, que data do século XII, formaba parte dun orixinal mosteiro que foi proxectado pero que non chegou a construírse. Destacan a súa porta principal e a sensación de verticalidade que da ao observador.

Monforte é unha cidade con importantes monumentos, museos, servizos  e centros de interese

¿Sabías que o chamado Escorial de Galicia está en Monforte? Esta é unha das moitas sorpresas que che agardan aquí, porque Monforte é unha cidade con importantes monumentos, museos, servizos e centros de interese

Accesibilidade

En coche
En bicicleta

Paisaxes polo Miño