Distancia do percorrido
61,2 km
Tempo do percorrido
1 día
Comezo
Ourense
Chegada
Ourense
Galería
Galería

Ruta de 1 día polo Canón do Sil Occidental

Percorridos históricos Percorridos enolóxicos Percorridos ambientais

Contempla a verticalidade das gargantas, os viñedos descendendo en socalcos ata o rio e a frondosa vexetación navegando por augas do Sil. Podes empezar por un lugar tan especial como Santo Estevo de Ribas de Sil, un antigo convento cuxo edificio foi rehabilitado e integrado na rede de Paradores Nacionais.

Sairemos da capital das Burgas en direccion Os Peares, pola N-120. Nesta localidade tomaremos a estrada de servizo hidroelectrica, que nos levara ate o embarcadoiro de Santo Estevo.

Desde aqui poderemos realizar un percorrido en catamaran dunhas tres horas de duracion (ida e volta ), ao longo dos tramos mais espectaculares da Ribeira Sacra, que nos permitira deleitarnos coas paredes verticais e as grandes masas de vexetacion autoctona.

De volta ao embarcadoiro, subiremos pola estrada zigzagueante en direccion Luintra. Un intre antes de chegar a este pobo, capital do concello de Nogueira de Ramuin, desviaremonos uns centos de metros para achegarnos ao Mosteiro (actualmente reconvertido en Parador) de Santo Estevo de Ribas de Sil. Volvendo sobre os nosos pasos, tomaremos a estrada principal pola que vinamos ate Luintra.

Desde ali parte outra estrada que nos levara a San Pedro de Rocas, orixinal mosteiro situado no concello de Esgos. Tras visitalo, continuaremos durante uns quilometros ate chegar a antiga estrada Ourense- Ponferrada (hoxe estrada comarcal), que nos conducira de novo ao noso punto de partida

Embarcadeiro de Santo Estevo
Un dos icónicos mosteiros da Ribeira Sacra, Parador Nacional de Turismo na actualidade.

O mosteiro de San Esteban de Ribas de Sil é un dos conxuntos máis destacados e espectaculares do rico patrimonio monumental de Galicia. Foi construído entre os séculos XII e XVIII.

O seu orixe remóntase ao século VI e é posiblemente o mosteiro máis antigo de Galicia

O mosteiro de San Pedro de Rocas está situado no monte Barbeirón, rodeado de formacións rochosas que puideron darlle nome a este lugar.

Accesibilidade

En coche
En bicicleta

Paisaxes do Río Sil