Distancia do percorrido
122 km
Tempo do percorrido
2 días
Comezo
Castro Caldelas
Chegada
Castro Caldelas
Galería
Galería

Ruta de 2 dias polo Canón do Sil Oriental

Percorridos históricos Percorridos ambientais En coche

Percorreremos impresionantes paisaxes como a fervenza do río Mao ou os bosques de bidueiros na Serra de San Mamede.

Partiremos de Castro Caldeiras e dirixiremonos a Monforte de Lemos, para desviarnos a esquerda cara a Teixeira. Subiremos A Teixeira (490m), desde onde xa observamos unha impresionante panoramica do val do Sil. O noso percorrido transcorrera a media ladeira, cara ao oeste.

Poderemos apreciar a beleza do caserio tradicional de Cristosende, e deleitarnos coa fervenza natural do rio Mao, que ven da Serra de Montederramo e desauga no Sil.

Por terras de Sacardebois e Chandrexa chegaremos a Parada de Sil, capital do seu concello. Desde ali faremos dous pequenos percorridos de ida e volta. O primeiro, aos chamados “Balcons de Madrid”. O segundo, ao mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, para o cal teremos que baixar varios quilometros por una estrada solitaria, a traves dunha frondosa vexetacion.

De regreso a estrada xeral e a Parada, tomaremos a estrada cara a Vilarino Frio. Desde ali poderemos desprazarnos ao mosteiro de Xunqueira de Espadanedo. Volvendo sobre os nosos pasos, en direccion Castro Caldelas, tomaremos a dereita o desvio a Montederramo para visitar o mosteiro de Santa Maria, na capital do concello, e a Serra de San Mamede, co seu famoso bosque de bidueiros.

Pola antiga estrada Ourense-Ponferrada chegaremos ao momento de partida, Castro Caldelas.

O  casco antigo de Castro Caldelas foi declarado conxunto histórico artístico en 1998

O  casco antigo de Castro Caldelas foi declarado conxunto histórico artístico en 1998 .Trátase, principalmente,  das rúas que soben ao Castelo dos Condes de Lemos;  a rúa do Sol e rúa Grande. Rúas empedradas  que seguen o trazado medieval, mostrando interesantes casas de pedra con galerías e escudos. Nunha destas casas, actualmente pousada, viviu o ilustre escritor e político galego Vicente Risco

Desde onde se admira todo o val da Abeleda

O miradoiro da Teixeira atópase baixando desde A Teixeira cara ao pobo de Lumeares.

Dende el admírase todo o val da Abeleda, dominado polos restos do mosteiro de San Paio

O miradoiro máis espectacular da Ribeira Sacra

Un dos miradoiros máis espectaculares de Galicia e sen dúbida o máis espectacular  da Ribeira Sacra

Unha das xoias do románico de Ribeira Sacra

O mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil está situado nunha paraxe espectacular no souto de Merilán.

Este mosteiro sufriu moitos cambios de estilo arquitectónico ao longo da súa historia.

Este mosteiro é un dos máis visitados da Ribeira Sacra, e certamente conta con moitos elementos que o fan digno de visitar. Ademais, pasou por moitos estilos arquitectónicos ao longo da súa historia, dende o románico ata o barroco.

É un dos monumentos renacentistas mais importantes de Galicia

Declarado Ben de Interese Cultural no ano 1951,  atópase no mesmo pobo de Montederramo, presidindo a Praza de O Mosteiro.

Bosque denso de bidueiros, carballos, acivros e outras especies no sotobosque

Trátase dun conxunto boscoso dunha grande importancia ecolóxica, integrado na Rede Natura 2000. É un dos bosques de bidueiros con vexetación eurosiberiana que se atopa máis ao sur de Europa

Accesibilidade

En coche
En bicicleta

Paisaxes polo Río Miño