Distancia do percorrido
78 km
Tempo do percorrido
2 días
Comezo
Monforte de Lemos o Ourense
Chegada
Esgos
Galería
Galería

Ruta dos Mosteiros

Percorridos históricos

Os mosteiros son unhas das maiores xoias da Ribeira Sacra. Descobre este máxico patrimonio no interior de Galicia.

Podemos comezar a ruta desde Monforte ou desde Ourense. Se decidimos saír desde Monforte tomamos a N-120 desviándonos en Ferreira de Pantón para visitar o Mosteiro de San Salvador de Ferreira, desde aquí podermos retomar a N-120 dirección Ourense e desviarse en Os Peares, ou máis adiante á altura de Penalba.Ámbalas dúas vías levarannos a Luintra para dirixirnos en primeiro lugar ao Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil.

Se decidimos realizar a nosa saída desde Ourense colleremos a estra- 24 da N-120, e tomando en Os Peares a estrada de servizos das presas hidroeléctricas, que nos levará pola marxe do río Sil. Esta estrada, construída polas compañías hidroeléctricas, é privada, pero permítese a libre circulación de vehículos particulares. Despois dun percorrido ao mesmo nivel do río, a estrada empeza unha subida cara a Luintra desde onde seguiremos dirección Parada de Sil para achegarnos ao mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Actualmente o mosteiro pertence á rede de Paradores de Turismo, pero pódense visitar libremente os tres claustros, a igrexa e un centro de interpretación do mesmo situado na planta baixa.

Volvemos sobre os nosos pasos e tomaremos a estrada xeral de Luintra a Parada de Sil. Na entrada deste núcleo atoparemos un desvío á esquerda que nos conducirá até o mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, ao que se accede a través dunha pista asfaltada.

Regresando de novo cara a Parada de Sil (onde podemos achegarnos ao magnífico miradoiro dos Balcóns de Madrid),tomaremos a estrada que, por Hedrada, lévanos até Vilariño Frío, no cruzamento coa antiga estrada comarcal de Ourense a Ponferrada.

O noso seguinte obxectivo é o mosteiro de Santa María de Montederramo, máximo representante do arte herreriano en Galicia. Para chegar até Montederramo percorreremos uns quilómetros en dirección Trives e tomaremos unha estrada local a man dereita, que se interna cara a Montederramo e a Serra de San Mamede.

Se regresamos e seguimos a antiga estrada comarcal, esta vez cara a Ourense, pasaremos por Vilariño Frío e o Alto do Rodicio, desde onde poderemos apreciar unhas grandiosas vistas sobre o val de Maceda. En Pleno descenso, tomaremos un desvío cara á dereita para achegarnos a Xunqueira de Espadañedo, onde admiraremos o seu mosteiro.

San Pedro de Rocas será o seguinte punto de interese, no concello de Esgos. Este é un valioso conxunto que cativará ao viaxeiro pola fusión entre medio rural e patrimonio histórico, testemuño do asentamento nestas terras dos primeiros monxes, coas tumbas labradas na rocha. Para iso volveremos á estrada comarcal, pasaremos a capital municipal de Esgos e tomaremos un desvío a man dereita, que nos conducirá directamente ao cenobio.

Único mosteiro feminino de Ribeira Sacra que mantén vida relixiosa

Único mosteiro feminino de Ribeira Sacra que mantén vida relixiosa, tamén coñecido como Mosteiro das Bernardas.

Unha das xoias do románico de Ribeira Sacra

O mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil está situado nunha paraxe espectacular no souto de Merilán.

É un dos monumentos renacentistas mais importantes de Galicia

Declarado Ben de Interese Cultural no ano 1951,  atópase no mesmo pobo de Montederramo, presidindo a Praza de O Mosteiro.

Un dos icónicos mosteiros da Ribeira Sacra, Parador Nacional de Turismo na actualidade.

O mosteiro de San Esteban de Ribas de Sil é un dos conxuntos máis destacados e espectaculares do rico patrimonio monumental de Galicia. Foi construído entre os séculos XII e XVIII.

Este mosteiro sufriu moitos cambios de estilo arquitectónico ao longo da súa historia.

Este mosteiro é un dos máis visitados da Ribeira Sacra, e certamente conta con moitos elementos que o fan digno de visitar. Ademais, pasou por moitos estilos arquitectónicos ao longo da súa historia, dende o románico ata o barroco.

O seu orixe remóntase ao século VI e é posiblemente o mosteiro máis antigo de Galicia

O mosteiro de San Pedro de Rocas está situado no monte Barbeirón, rodeado de formacións rochosas que puideron darlle nome a este lugar.

Accesibilidade

En coche

Ruta de los Monasterios

Ver máis...