Rexistro de visitantes obligatorio en Galicia

As persoas procedentes de zonas con alta incidencia epidemiolóxica da covid-19 deberán comunicar os seus datos de contacto ás autoridades sanitarias

A Xunta de Galicia aprobou este 28 de xullo de 2020, mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, esta nova medida terá carácter obrigatorio para todas as persoas que proveñan ou estiveran nos últimos 14 días en zonas con alta incidencia epidemiolóxica, independentemente de que sexan residentes en Galicia ou non. A notificación terá carácter voluntario para as que proveñan dun lugar sen incidencia epidemiolóxica complexa.

Para proporcionar esta información, poderase cubrir un formulario que estará dispoñible na web do Sergas habilitada como consecuencia do virus (https://coronavirus.sergas.gal/viaxeiros/) ou subministrar os datos chamando ao teléfono 881 00 20 21. Desde a súa chegada a Galicia, as persoas terán 24 horas para comunicar os seus datos de contacto.

Pola súa banda, a Consellería de Sanidade publicará quincenalmente a listaxe de territorios considerados de alta incidencia, que poderán ser tanto países estranxeiros coma outras comunidades autónomas (podes consultar a listaxe actualizada de zonas de alta incidencia por Covid-19 aquí)