Galería
Galería

Camiño de Inverno

Sendeirismo

A través deste tramo do Camiño de Santiago de Inverno coñeceremos moitas zonas do Canón do Rio Sil ao seu paso polas poboacións do Barco de Valdeorras e Quiroga. Pasaremos tamén por Monforte e por Chantada, antes de abandonar a Ribeira Sacra camiño a Compostela. 

 

Cómo chegar Cómo chegar
264,33 km
Lineal
Comezo
A Rúa
Chegada
Monte Faro
Dificultade
Alta
Desnivel
Subida: 4940 m
Baixada: 5265 m
M.I.D.E. 3 3 3 4

Este itinerario non debe entenderse como unha ruta de sendeirismo. Trátase de un percorrido de longa distancia no que é preciso planificar a loxística da viaxe. É moi recomendable o emprego dun dispositivo GPS no que levar almacenado o track da ruta. 

Cando chegaba o inverno e as nevadas cubrían os próximos montes dos Ancares e o Cebreiro, os camiños quedaban pechados pola neve, e os viaxeiros que se dirixían a Compostela debían buscar alternativas na súa peregrinación. Moitos deles, que desde toda Europa percorrían o Camiño de Santiago Francés, detíñanse durante o inverno en Ponferrada, mentres que outros optaban por seguir o curso do río Sil para entrar en Galicia. Este camiño levábaos polo Canón do Sil a través de distintas poboacións, como o Barco de Valdeorras, a Rúa ou Quiroga, evitando así as altas cumes que se atopaban nevadas. Máis adiante ascendían ata chegar a Monforte, de onde pasaban ata Chantada. Despois cruzaban a Serra do Faro e finalmente, tras pasar por Lalín e Silleda, chegaban ao seu destino en Compostela. 

Na actualidade os peregrinos poden igualmente escoller que camiño facer unha vez chegan a Ponferrada. DE escoller a opción do Camiño de Inverno, percorrerán ao longo da Ribeira Sacra, un total de catro etapas.

A primeira delas, que è a primeira en atravesar os límites das nosas terras, é a que ten inicio na Rúa e chega hasta Quiroga. Está é unha etapa de baixa dificultade e de 28 quilómetros de lonxitude. Acompaña ao río Sil durante gran parte do seu percorrido e pasa polo coñecido como Túnel de Montefurado, unha gran obra da enxeñaría romana. En Quiroga poderemos visitar o seu Museo Arqueolóxico.

A segunda etapa une as poboacións de Quiroga e Monforte. Ten unha lonxitude total de 33 quilómetros e unha dificultade de moderada a elevada, xa que sálvase un desnivel considerable ao ascender dende as beiras do Sil ata Monforte. Aquí o peregrino pode visitar o mosteiro, o pazo condal e a torre da homenaxe, conxunto coñecido co nome de San Vicente do Pino e que é un Parador Nacional.

Na terceira etapa, o peregrino camiñará dende Monforte ata Chantada, a través dunha distancia de 31,6 quilómetros. Ao longo deste percorrido séguese en gran parte unha antiga calzada romana. A dificultade deste tramo considérase como media, existindo unha zona de 2,5 quilómetros onde hai un gran desnivel. Durante esta etapa o peregrino poderá visitar numerosas mostras do patrimonio románico da zona así como os pintorescas paisaxes da ribeira do río Miño.

Na última etapa do Camiño de Inverno polas nosas terras, o peregrino avanzará dende Chantada ata a poboación de Rodeiro. Este tramo ten unha lonxitude de 26 quilómetros e unha dificultade considerada como media. Os peregrinos ascenderán dende a capital chantadina ata a ermida da Nosa Señora do Faro, situada nunha das partes máis altas desta serra que separa as provincias de Lugo e Pontevedra.

Dende aquí só restan outras tres xornadas máis ata chegar a Santiago de Compostela, pasando previamente polas poboacións de Lalín e Silleda.

Non o perdas!

Recomendámosvos a visita a cada unha das poboacións polas que pasa o Camiño de Inverno, xa que todas elas teñen algún lugar interesante que descubrir. Nas súas oficinas de turismo e nesta web poderedes atopar mais información sobre eles.

Camiño de Santiago de Inverno na Ribeira Sacra

Equipamento e servizos

Aparcamento
Postos de comida
Fontes de auga

Accesibilidade

En bicicleta
En coche