
Rutas en Segway
Enoturismo Galicia ven de poñer en funcionamento recentemente unha nova alternativa para coñecer os viñedos da subzona de Amandi, os paseos en segway.
Desde a empresa apuntan que non é necesaria experiencia para a realización das rutas e que ao contrario do que parece, é unha actividade moi segura. É apta para todos os públicos, cunha pequena formación previa por parte do monitor, que acompañará aos visitantes durante todo o traxecto.
As opcións que ofrecen son as seguintes:
· RUTA MIRADOIRO PENA DO CASTELO
Excursión con monitor. Doade- Miradoiro Pena do Castelo.
Duración aprox. 45 minutos
Prezo: 20 €/ Persoa
* Rutas para 2 persoas 25€ / Persoa
· RUTA DOADE-MIRADOIRO PENA DO CASTELO-VISITA A ADEGA
Excursión con monitor. Doade- Miradoiro Pena do Castelo- Visita a Adega da zona.
Duración aprox: 2 horas
Prezo: 30 €/ Persoa
· RUTA ENTRE VIÑEDOS E VISITA A ADEGA
Excursión con monitor. Ruta entre viñedos da Ribeira Sacra - Visita guiada a adega da zona
Duración aprox: 1:30 horas
Prezo: 26 €/ Persoa
MÁIS INFORMACIÓN:
676 101 649