Galería
Galería

SAB 12 - Ruta fotográfica I (Carballedo)

Realizaremos unha pequena pero preciosa ruta polo Concello de Carballedo, na provincia de Lugo. Durante o percorrido ademais de gozar de unha fermosa paisaxe a carón do río Miño, tamén aprenderemos a sacar partido a cámara do noso móbil ou calquera outra cámara durante unha ruta de sendeirismo. Non son necesarios coñecementos previos de fotografía, xa que vai dirixido a principiantes que queiran aprender ou mellorar as súas habilidades.

Cómo chegar Cómo chegar
Distancia da ruta
4,7 km
Tempo da ruta
3 h 00 min
Itinerario da ruta
Circular
Comezo
9:20 h - Estación ferrocarril Os Peares (A Peroxa)
Chegada
13:30 h - Estación ferrocarril Os Peares (A Peroxa)
Dificultade
Baixa
Desnivel
Subida: 255 m
Baixada: 255 m
M.I.D.E. 0 0 0 0

Descrición da ruta: sairemos dende o punto de reunión na hora indicada para logo dirixirnos primeiro a aldea de A Grixoá, onde imos a facer unha pequena parada para sacar as primeiras fotografías e achegarnos a un miradoiro. A continuación baixaremos ata a entrada a Pacios/Chouzán, deixando os vehículos no aparcadoiro para comezar a ruta que temos preparada. A ruta vai rematar de volta os vehículos e unha vez terminada voltaremos o punto de partida.  

Material necesario: móbil Smartphone ou Cámara Dixital. Equipo aconsellable: calzado apropiado para a práctica de sendeirismo (bota de  montaña), bastón, mochila pequena con vestimenta apropiada á climatoloxía do día (chuvasqueiro, paraugas, viseira ou gorra,...) e avituallamento (bocadillo, peza de froita, auga, bebidas isotónicas,...).

Colabora:

Verdant Experiences é unha axencia de viaxes especializada no Noroeste de España e o Norte de Portugal. Ocúpanse de toda a loxística da túa viaxe para proporcionarche unhas vacacións de primeira categoría.

Ruta Fotográfica I

Ver máis...

Información e contacto

Horario
Data: SÁBADO 12
Punto encontro: 9:20 h - Estación ferrocarril Os Peares (A Peroxa)
Prezo
8€