San Vicente do Pombeiro

Igrexa-capilla

Esta fermosa igrexa atópase situada na marxe dereita do río Sil pouco antes da súa desembocadura no Miño. Atópase rodeada dunha exuberante vexetación nun emprazamento que xa elixiran antigos eremitas, dos que quedan algúns restos como varias tumbas antropomórficas.

Como é habitual en moitas outras igrexas da zona, San Vicente de Pombeiro formou parte, alá polo século X, dun mosteiro do que hoxe non quedan máis que algunhas pegadas. A igrexa foi construída entre os séculos XII e XIII, aínda que en etapas posteriores sufriu diversas reformas. É de planta basilical, con tres naves e outras tantas ábsidas semicirculares. A particular entrada principal está disposta entre dous contrafortes. Dous pares de columnas sosteñen, por riba dun tímpano liso, arquivoltas levemente apuntadas. Na parte superior vemos seis arcos decorados con cabezas humanas e formas xeométricas, conxunto que recibe o nome de "gardachuvias”. Os muros norte e sur dispoñen tamén de portas de interese. A primeira é similar á da principal, mentres que a sur está situada baixo un rosetón decorado.


A fachada oeste conta cunha torre de sección circular, rematada por un campanario de sección cadrada, resgardado por unha pequena cúpula. Mirando por una cristaleira situada no muro norte poderemos ver os espazos interiores do templo. Neles consérvanse retablos renacentistas e barrocos, así como restos de antigas pinturas murais do século XV

Información e contacto

Enderezo

O Priorato

Pantón

27470 Lugo

Equipamento e servizos

De balde
Aparcamento

Accesibilidade

En coche
En bicicleta
Cómo chegar Cómo chegar