Galería
Galería

Igrexa de San Xoán da Cova

Igrexa-capilla

Outra das xoias do románico da Ribeira Sacra, non só pola súa construción, tamén polo paraxe no que se atopa.

Esta igrexa reúne moitas similitudes con Santo Estevo de Chouzán: orixinaria do século XII (excepto a espadana), trasladada da súa situación orixinal debido á construción do encoro dos Peares e orixinalmente formaba parte dun mosteiro de monxas beneditinas.

A fachada principal componse dunha porta formada por un arco apuntado de tres arquivoltas e que no seu tímpano ten unha inscrición na que se agradece ao soldado Pedro García o costeo das obras de construción.

Pero a maior relevancia desta igrexa está no muro norte, cunha porta que pertencía a unha pequena capela anexa que non se trasladou e principalmente, debida á existencia do sepulcro con estatua xacente da Madre Abadesa.

San Xoan da Cova

Información e contacto

Enderezo

LU-P-1801, s/n

Carballedo

27532 Lugo

Equipamento e servizos

Aparcamento
De balde

Accesibilidade

En bicicleta
En coche
Cómo chegar Cómo chegar