Galería
Galería

Santo Estevo de Atán

Igrexa-capilla

Eirexas de Atán, San Fiz, Pombeiro, Eiré:

¡vós sodes un milagre erguido pola fe!.

-E ollades sempre o infinito.

Manuel María

Situada na beira esquerda do río Miño, a historia deste lugar relaciónase coa repoboación do bispo Odoario no século VIII  e cun enclave monástico.

Foi construída  a principios do século XIII , ainda que, estudos arqueolóxicos realizados a finais do século XX refírense a diversas construcións que foron a base da igrexa actual. Os restos de pedras caladas prerrománicas conservadas, e actualmente colocadas na torre-campanario, son indicio dunha edificación anterior.

Amosa unha única nave rectangular con cuberta de madeira a dobre vertente e cabeceira tamén rectangular.

Conserva unha importante decoración escultórica en canzorros e capiteis, e tamén moitas marcas de canteiro. Os elementos decorativos das portas norte e oeste, comúns a outras igrexas da Ribeira Sacra, están relacionados coa tradición do mestre Mateo.

No interior consérvanse pinturas murais dos séculos XV e XVI.

Foi declarada monumento nacional no ano 1975.

Santo Estevo de Atán

Información e contacto

Enderezo

Praza do Concello, s/n

Pantón

27430 Lugo

Teléfono contacto
982 456 005

Accesibilidade

En coche
En bicicleta
Cómo chegar Cómo chegar