Sendeirismo nas Ribeiras do Miño

As Ribeiras do Miño e os seus arredores ofrécennos un entorno de gran beleza para practicar sendeirismo. As súas amplas paisaxes e biodiversidade así como os seus monumentos invitarannos a camiñar para continuar coñecéndoos.

As Ribeiras do río Miño contan cunha pequena pero interesante rede de atractivos sendeiros. Varios deles atópanse homologados mentres que outros non contan con esa categoría. Todos nos levarán a descubrir fantásticas paisaxes e recónditos lugares de gran beleza. Todas as rutas que vos amosamos teñen unha lonxitude que permite realizalas ao longo dun solo día. 

Non o perdas!

Recomendámosvos equiparvos adecuadamente para a práctica deste deporte e que levedes as rutas descargadas nun dispositivo GPS ou no móbil. En varios dos lugares polos que pasan as rutas é posible descansar, facerse con algo de auga e comer algún petisco.