Galería
Galería

A Torre do Mato

Viviendas de Uso Turístico

Casa Bolero da Torre do Mato é unha vivenda de pedra que foi restaurada nos últimos anos. Esta antiga casa de labranza é ideal para desfrutar dun descanso no campo, en familia, en parella, só ou con amigos, rodeados da natureza que ofrece unha contorna rural.

Consta dunha primeira planta con capacidade para catro persoas. Ten dúas habitacións con camas dobres, dous baños e unha cociña-comedor. A vivenda está equipada con utensilios de cociña, lavadora e prancha, televisión, estufa de pellets e toallas e mantas. No exterior atopamos un recinto axardinado e arborado, ademais dun estanque. Tamén hai unha grella con leña e un alpendre no que se poden resgardar os coches.

A casa está a oito minutos en coche dunha pequena poboación, Escairón, que conta con diversos servizos: supermercados, cafeterías e restaurantes, bancos, centro de saúde, farmacias, gasolineira, piscina, etc.

Dende aquí pódense visitar distintos recursos turísticos como as paisaxes e bodegas das ribeiras do Miño e do Sil, bañarse na praia fluvial da Cova, facer rutas de sendeirismo e rutas fluviais en catamarán, coñecer igrexas e mosteiros románicos, o ecomuseo de Arxeriz, o pazo de Tor, a fervenza de Augacaída ou o conxunto histórico-artístico que ofrece Monforte de Lemos.


Casa Bolero

Ver máis...

Información e contacto

Enderezo

A Torre do Mato, 3 - Santo Estevo do Mato

Pantón

27438 Lugo

Teléfono contacto
639 783 485
Horario
Todo o ano
Plazas
4 Plazas
Habitaciones
2 Habitaciones

Equipamento e servizos

Casa completa
Aparcamento
WC
Cómo chegar Cómo chegar