Galería
Galería

Operado pola Deputación de Lugo. Canón do Sil

Paseos en barco

Embarque: Embarcadoiro de Ponte do Sil (Monforte de Lemos, Lugo)
Duración da viaxe: 2 horas
Prazas: 107 + 52

 

SERVIZO LANZADEIRA SEMANA SANTA 2024: Os espazos de estacionamento nos embarcadoiros son moi limitados. Recoméndase facer uso do servizo de traslado gratuíto a Ponte do Sil  e Abeleda. Información e reservas aquí.

 

O percorrido comeza ao pé dos afamados viñedos de Amandi (subzona da Denominación de Orixe Ribeira Sacra), onde o viaxeiro poderá sorprenderse coas súas vertixinosas pendentes. Tras atravesar esa zona, o catamarán penétrase na parte máis abrupta e rochosa do canón. Coa axuda dun guía acompañante poderán descubrir algunhas das curiosidades e peculiaridades do canón do Sil.

Esta ruta chega ao seu punto medio á altura do Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil (Parada de Sil), lugar onde dá a volta para retornar ao momento de orixe, o embarcadoiro de Ponte do Sil (Monforte de Lemos).

 

Responsable xestión: Deputación Provincial de Lugo.

Barcos: Mencía (107 prazas) e Cañón do Sil (52 prazas).

 


Non o perdas!

Para os amantes do viño, son numerosas as adegas que podedes visitar na zona. Recomendámosvos tamén a visita aos artesáns de Gundivós, unha de olerías típicas de Ribeira Sacra. 

Catamarán Deputación de Lugo - Canón do Sil

Información e contacto

Enderezo

Embarcadero Ponte do Sil

Monforte de Lemos

27400 Lugo

Teléfono contacto
982 260 196
Horario
Operativo a partir do 1 de abril
Consultar horarios en "RESERVA ESTE LUGAR"
ACTUALIZADO MARZO 2023
Prezo
9€ adulto; nenos de 4 a 12 anos, maiores de 65 anos e carnet xove 5€; nenos 0-4 anos gratis (preciso reservar para eles tamén). Consultar condicións do servizo en "RESERVAR NESTE LUGAR"
Capacidade
Mencía (107 prazas) y Cañón do Sil (52 prazas)
Cómo chegar Cómo chegar