Viñobús Vendima 2022

PRAZAS COMPLETAS

Unha experiencia única onde maiores e pequenos aprenden de onde proceden as uvas, como se cultivan e a súa transformación en mosto ou en viño de forma natural.

Datas Viñobús 2022: 17, 18, 24 e 25 de setembro

Daremos un paseo polos viñedos acompañados por quen mellor coñecen a vide e como coidala, as variedades de uva e as súas diferentes follas, a importancia do chan...

Realizaremos unha cata de uvas, mostos e viños, percibindo os distintos aromas, sabores e texturas.

Vendimiaremos e pisaremos os acios como se facía antigamente. O mosto introducirase nas cubas para a fermentación e xa os nosos enólogoes/enólogos ocuparanse de coidar este viño ata o seu embotellado. Será a partir dese momento cando poderás gozalo, xa que, se o desexas, enviarémoscho á casa.

Non nos iremos sen desfrutar dun merecido xantar, do mesmo xeito que os numerosos viticultores heroicos que cultivan estes viñedos cada día.

 

· Recoméndase roupa e calzado adecuados (preferiblemente vaqueiros, deportivos ou botas de montaña).

· Saídas garantidas a partir de 6 prazas. Máximo 15 persoas por grupo.

· Desprazamento en microbús desde punto de encontro.

· É necesario reservar para realizar a actividade.

· Adultos, 15 euros. Nenos de 4-12 anos, 10 euros. Menores de 4, gratis.

· Horario de saída: 10:30 horas.

· Duración: ata as 16:30 horas aprox.

· Punto de encontro: Parque dos Condes de Monforte de Lemos.

· O prezo inclúe: traslado desde o punto de encontro, xantar na adega** e guía acompañante.

* Gastos de envío da botellas non estarían incluídos, consultar prezo.

** O tipo de almorzo varía en función da adega, pero na maioría dos casos trátase de pratos fríos cun menú propio dos viticultores durante unha xornada de vendima.

 

· O Consorcio resérvase o dereito de modificación do programa en función da evolución da vendima.


Máis información: 

638 823 592 //  turismo@ribeirasacra.org

(PRAZAS COMPLETAS)

RESERVA