Galería
Galería

Viñobús Vendimia 2018

Como sería ter a túa propia adega? Seredes partícipes de todo o proceso que segue a uva: recolección, pisado, elaboración do mosto e do voso propio viño! 

E CANDO O VIÑO ESTEA LISTO, ENVIÁMOSVOLO A CASA!

Datas Viñobús Vendima 2018: 29 e 30 setembro · 6 e 7 outubro · 13 outubro

Unha viaxe interactiva onde os adultos e nenos aprenden de onde proceden as uvas, como se coidan e como se transforma en viño de forma natural.

Daremos un paseo polos viñedos e, ao mesmo tempo, escoitaremos as explicacións sobre as partes da vide, as diferentes formas das follas, as variedades de uva, a importancia do chan,...

Vendimiaremos e descubriremos os diferentes tipos e as súas características.

Despois dirixirémonos á adega onde nos explicarán a elaboración do viño. Realizaremos unha cata de uvas,  mostos e viños, percibindo os distintos aromas, sabores e texturas que vai mostrando a uva.

Por último, realizarás o teu propio veu de forma artesanal, é dicir, o pisado das uvas como se facía antigamente. O mosto introducirase nas cubas para a fermentación e xa os nosos enólogos ocuparanse de coidar o teu viño para que no momento de  embotellarlo estea listo e preparado para enviarcho á túa casa.

 


· Recoméndase roupa e calzado adecuados (preferiblemente vaqueiros, deportivos ou botas de montaña).

· Saídas garantes a partir de 6 prazas. Máximo 15 persoas por grupo.

· Desprazamento en microbús desde punto de encontro.

· É necesario reservar para realizar a actividade.

· Adultos, 15 euros. Nenos de 4-12 anos, 10 euros. Menores de 4 gratis.


· Horario de saída: 10,30 horas.

· Duración: Ata as 16,30 horas  aprox.

· Punto de encontro: Parque dos Condes de Monforte de Lemos.

· O prezo inclúe: traslado desde o punto de encontro, xantar na adega e guía acompañante.

· Gastos de envío da botellas non estarían incluídos, consultar prezo.


* O Consorcio resérvase o dereito de modificación do programa en función da evolución da vendima.

* Posibilidade de ampliación ao fin de semana do 13 e 14 de outubro en función da evolución da vendima. Informarase en turismo.ribeirasacra.org.

 

Máis información e reservas: 

638 823 592 ou 988 201 023 

turismo@ribeirasacra.org

VIVE A EXPERIENCIA DO VIÑOBÚS!

Ver máis...