Viñobús Vendimia 2020

Este ano ti deseñas a túa propia xornada de Viñobús.

Se entre o 16 de setembro e o 12 de outubro visitas algunha adega en vendima ou es testemuña de como se recolle a uva nestes viñedos de vertixe, garda a túa experiencia nun vídeo e é probable que volvas visitarnos moi pronto.

 

Elixiremos ata 30 vídeos e os seus creadores recibirán algún dos seguintes premios*:

  • 5 voos en globo para dúas persoas 
  • 10 bonos para Mereces Un Respiro
  • 15 estancias de fin de semana para este outono ou primavera 2021

(*Suxeitos a dispoñibilidade)
 

Requisitos:

  • Que haxa imaxes directamente relacionadas co viño da D.O. Ribeira Sacra, co proceso de recollida ou co procesado da uva en adega. 
  • Que ti e/ou os teus aparezades nese vídeo ou, como mínimo, vaiades contado a vosa experiencia de viva voz.
  • Que teña unha duración mínima de 15 segundos e máxima de 1 minuto e que se grave en horizontal.
  • Tede en conta que participar nesta promoción autoriza ao Consorcio de Turismo a publicar eses vídeos nas súas redes sociais e demais soportes dixitais propiedade da entidade.
  • As persoas participantes que envíen os vídeos son responsables de calquera reclamación que puidese xurdir por dereitos de imaxe ou autor. 
  • Non se admitirá ningún vídeo que se considere inadecuado, con contidos que sexan ofensivos, inxuriosos ou discriminatorios ou que puidesen vulnerar dereitos de terceiros.


Recomendacións:

  • O enxeño, a orixinalidade, a creatividade, ... do vídeo teranse moi en conta ;-)
  • Non accedades aos viñedos sen autorización da propiedade. Hai múltiples miradoiros, carreiros e outros espazos públicos desde os que podedes ser testemuñas de excepción.
     

Como participar?

  • Enviándonos o teu vídeo ao correo electrónico turismo@ribeirasacra.org co asunto “VÍDEO VIÑOBÚS” e indicándonos nome e apelidos e un medio de contacto rápido (teléfono ou correo electrónico*). No correo electrónico no que se envíe o vídeo, declararase a maioría de idade do titular do mesmo.

 * Estes datos serán usados exclusivamente para a comunicación do premio ou para aclarar calquera continxencia unha vez aceptado.


Descarga as bases legais do sorteo aquí