Galería
Galería

Denominación de Orixen Ribeira Sacra e Viticulutra Heróica

Ribeira Sacra é un dos maiores expoñentes do que se coñece como viticultura heroica. O termo refírese a unhas condicións do terreo que complican, especialmente, o traballo coas cepas e que fan que viticultores e adegueiros desafíen á vertixe desde os socalcos.

A distribución do viñedo en terrazas ou socalcos para salvar a pendente do terreo, que pode chegar ao 100%, xera un espazo que impide a mecanización. Fóra de raís puntuais nalgunhas viñas para trasladar caixas, todo o traballo fano as mans, os brazos e as costas dos viticultores e adegueiros; á vez que moverse entre as cepas é un exercicio de acrobacia. A viticultura heroica ten o seu punto álxido e máxima expresión durante a vendima.

Desde 2011 o CERVIM  conta cun selo específico que define este tipo de viticultura e que en España, só un par de Denominacións de Orixe pode utilizar, unha delas é Ribeira Sacra.

Ademais a  Denominación Orixe da Ribeira Sacra constitúese en 1996 para protexer a orixe, garantir a calidade e promocionar os seus viños. A Denominación distribúese en 5 subzonas: subzona de Amandi, subzona de Chantada, subzona de Quiroga-Bibei, subzona de Ribeiras do Miño e subzona de Ribeiras do Sil.

Coa creación da Denominación de Orixe Ribeira Sacra o sector profesionalízase e desde o mundo do viño rehabilítanse os viñedos en socalcos e recupérase a paisaxe. O viño é hoxe un sector puxante e dinámico e un dos principais motores económicos da zona e impulsor definitivo da Ribeira Sacra como destino turístico.

Vistas Viñedos

Ver máis...