ANUNCIO OFERTA DE PRAZA DE INFORMACIÓN TURÍSTICA 2021

Praza de informador turístico para os meses de xullo, agosto e setembro.

En relación á contratación dun/dunha INFORMADOR/-RA TURÍSTICO/-A en réxime de persoal laboral-temporal, de conformidade á RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións a concellos declarados municipios turísticos e a xeodestinos de Galicia, para a contratación de persoal nas oficinas de turismo nos meses de xullo, agosto e setembro, e se convocan para o ano 2021:

 

PRIMEIRO.- Perfil requirido: estar en posesión dalgún dos seguintes títulos:

  • Técnico/a superior en información e comercialización turística.
  • Técnico/a superior en guía, información e asistencia turística.
  • Técnico/a en empresas e actividades turísticas.
  • Graduado/a ou diplomado/a en turismo ou equivalente homologado ou ben contar coa habilitación de guía de turismo
  • Certificado de profesionalidade de promoción turística local e información ao visitante (HOTI0108)

 

SEGUNDO.- A duración e xornada do contrato será conforme á orde reguladora da subvención pola que se procede á contratación en réxime de laboral-temporal dunha persoa para información turística.

  • Data inicio:  01/07/2021
  • Data fin:      30/09/2021 (ambos inclusive)
  • Xornada:      30 horas/semana

 

TERCEIRO.- Os criterios de valoración están a disposición de calquera persoa interesada na contratación, na sede electrónica do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra: https://turismoribeirasacra.sedelectronica.es/info.0 

 

PRESENTACIÓN DE OFERTAS

PRAZO : Ata o 29 de xuño de 2021 (inclusive)

LUGAR: Sede administrativa do Consorcio de Turismo (Concello de Nogueira de Ramuín. Estrada a Nogueira, 3 - 32160 Nogueira de Ramuín (OURENSE))

HORARIO: 9:00 a 14:00 h de luns a venres.

MODELOS SOLICITUDES: Facilítase na sede electrónica  do Consorcio de Turismo https://turismoribeirasacra.sedelectronica.es/info.0 

 

Criterios de valoración

ANEXOS: Modelos