Máis patrimonio da Ribeira Sacra
Na Ribeira Sacra, ademais de grandes mosteiros e importantes igrexas, existe tamén outro patrimonio histórico máis próximo a vida diaria dos antigos habitantes da comarca. Pontes que permitían cruzar ríos, muíños que permitían obter os produtos desexados, ferrerías para forxar metais, neveiros para conservar a neve durante todo o ano ou fontes de augas curativas, forman parte dunha amplia variedade de recursos.