Os camiños de Santiago
Na súa peregrinación a Santiago de Compostela os peregrinos atravesan Ribeira Sacra empregando algún dos Camiños de Santiago que percorren este territorio. Por un lado o Camiño Francés que cruza os concellos de Portomarín e Paradela. Polo outro, o Camiño de Inverno, que percorre o Canón do Sil e as Ribeiras do Miño.
No século IX descóbrese a tumba de Santiago o Maior nun punto do noroeste peninsular e constrúese unha pequena igrexa nese lugar. Pouco máis de cen anos despois comezan a chegar os primeiros peregrinos europeos a Compostela. Finalmente, no século XI, Santiago consolídase como centro de peregrinación internacional e comezan a establecerse pouco a pouco as rutas que hoxe en día coñecemos.
O Camiño Francés é sen dúbida o itinerario xacobeo con maior tradición histórica, pasando no noso caso polos concellos de Paradela e Portomarín.
No caso do Camiño de Inverno, este recorre o Canón do Sil e as ribeiras do Miño, entrando por Quiroga e abandonándonos por Chantada. Era o percorrido empregado na Idade Media polos peregrinos durante o inverno.