Audioguía
Audioguía
Galería
Galería

O Camiño Francés

Sendeirismo Cicloturismo

A través deste pequeno tramo do Camiño Francés, o peregrino percorrerá o norte das terras da Ribeira Sacra, podendo desfrutar do tradicional paisaxe desta parte de Galicia, formado por suaves outeiros sucados por pequenos regatos. Trátase dun percorrido lineal que se poderá realizar nunha sola xornada.

Cómo chegar Cómo chegar
Distancia da ruta
23,29 km
Tempo da ruta
7 h 46 min
Itinerario da ruta
Lineal
Comezo
Ferreiros
Chegada
O Hospital
Dificultade
Media
Desnivel
Subida: 469 m
Baixada: 428 m
M.I.D.E. 3 2 2 3

A descuberta da tumba do Apóstolo Santiago no que hoxe en día coñecemos como Compostela, a principios do século IX, traspasou as fronteiras dos reinos hispanos e difundiuse por Europa. A partir de aí comezaron a chegar os primeiros peregrinos ata que chegaron a contarse por milleiros. Todo elo comezou a conformar o Camiño de Santiago, converténdoo en algo así como a espiña dorsal de Europa. Ante tal afluencia, os entón reis hispanos comezaron a dar o seu apoio a esta ruta, dotándoa de servizos e axudas. Este camiño pasou a coñecerse como o Camiño Francés. Este nace no pobo de Roncesvalles, e avanza por distintas localidades coma Logroño, Burgos ou León, conectando todas elas con Santiago. En Galicia entra polo municipio de Pedrafita do Cebreiro, unha zona montañosa Luguesa que marca a fronteira natural con Castela e León.

Este Camiño Francés pasa tamén pola Ribeira Sacra, concretamente polos axuntamentos de Paradela e Portomarín. Este traxecto é posible realizalo nun día, xa que abarca unha etapa do camiño de iniciarse na veciña Sarria. A través del o peregrino introducirase nunha Galicia puramente rural.

Deixando atrás os límites de Sarria, o camiño avanza xa polo territorio de Paradela, pasando por distintas pequenas poboacións rodeadas en todo momento por prados e pequenas manchas de bosque. Un pouco apartada do camiño atópase a igrexa de Santa María de Loio, que na súa orixe foi o mosteiro de Ribaloio, onde naceu a Orde Militar dos Cabaleiros de Santiago. Tras un pronunciado descenso o peregrino deixa atrás o concello de Paradela e pasa ao de Portomarín, cruzando o río Miño pouco máis adiante. Aquí atópase a igrexa de San Xoan, movida pedra a pedra dende o seu emprazamento orixinal xunto ao antigo Portomarín, hoxe baixo as augas do embalse.

Dende aquí, o camiño comeza a ascender por sucesivos outeiros, pasando polas inmediacións de Castromaior, un antigo asentamento prerromano moi ben conservado. Finalmente o peregrino chegará hasta Hospital, unha pequena poboación na que no seu día atopábase un hospital de peregrinos hoxe desaparecido. A partir de aquí o Camiño Francés abandona xa os límites da Ribeira Sacra en dirección a Compostela, pasando polos lugares de Palas de Reis e Melide.

Equipamento e servizos

Aparcamento
Fontes de auga
Postos de comida

Accesibilidade

En bicicleta
En coche