Trail Running Center Castro Caldelas

Os Trail Running Center (TRC) son instalacións no medio natural permanentes, deseñadas especificamente para a práctica do Trail Running, e acreditadas pola RFEA (Real Federación Española de Atletismo).

Cada TRC conta cunha rede de itinerarios, dirixidos tanto a usuarios que pretenden iniciarse neste deporte como a aqueles máis experimentados que buscan rutas máis técnicas. Conta, ademais, cun Centro de Recepción con servizos básicos para os runners como vestiarios, consignas e duchas (solicitar información na Oficina de Turismo de Castro Castelas - Castelo).

O TRC Castro Caldelas é o único da provincia e tamén o único en Ribeira Sacra. Dispón de 4 rutas deseñadas especificamente para carreiras de montaña con terreos técnicos e distintas dificultades identificadas pola cor. 

  • Ruta 1, cor verde, iniciación. 5 km aproximadamente e 211 m de desnivel positivo. 
  • Ruta 2, cor azul, dificultade media. 20 km e 850 m de desnivel positivo
  • Ruta 3, cor vermella, dificultade alta. 17 km e 1.080 m de desnivel positivo. 
  • Ruta 4, cor vermella, dificultade moi alta. 37 km e 2.250 m de desnivel positivo. 


Rutas en Google Maps: Trail Running Center Castro Caldelas

Máis información: Trail Running Center Castro Caldelas (RFEA)