

Centro do Viño Ribeira Sacra

(23 de outubro) PECHADO PROVISIONALMENTE POR MOTIVO DA COVID-19
Situado nun edificio histórico do século XVIII e que anteriormente foi hospital, casino e incluso Concello.
Distribúese en diversas salas en torno a un patio central, que amosan unha exposición interactiva deseñada para lograr que o visitante comprenda as peculiaridades dos viños e o cultivo de viñedos en Ribeira Sacra.
O Centro tamén actúa como oficina de turismo da comarca e ten anexa unha viñoteca cunha gran selección de viños D.O. Ribeira Sacra así como todo o necesario para gozalos. Ademais complementase cunha tapería na que degustar os viños acompañados de gastronomía da zona.
Actualmente acolle tamén a nova sede do consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.
Centro do Viño Ribeira Sacra
Información e contacto

Rúa do Comercio, 6
Monforte de Lemos
27400 Lugo

